APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

martes, 13 de noviembre de 2012

Visitamos as nosas fragas


Na escola de Carrio tamén fomos buscar castañas para celebrar o magosto nas nosas casas.Hai que ver como dominamos o espazo e como nos movemos con axilidade e cooordinación!






 

martes, 16 de octubre de 2012

A festa dos aros





Na clase de Educación Física pasámolo moi ben. Experimentamos co novo material, xogamos cos aros que percorreron o noso corpo e descubrimos diferentes formas de desprazarnos polo espazo da aula.











miércoles, 16 de mayo de 2012

Festa dos globos en Carrio


 Aproveitando os globos que trouxo Alejandro á escola, fixemos uns xogos de coordinación psicomotriz e pasámolo fenomenal.


miércoles, 21 de marzo de 2012

Circuito máxico en Vixoi

Os nen@s de Vixoi descubrimos novos espazos máxicos e salvamos sorprendentes obstáculos que ían aparecendo polo camiño. 
  




miércoles, 14 de marzo de 2012

Divertímonos nunha granxa



A aula dos triángulos foi de excursión á granxa e movémonos imitando a todos os animais que iamos vendo.Saiunos unha visita moi entretida e con diferentes desprazamentos.


miércoles, 7 de marzo de 2012

Xogos de coordinación e movemento


Chegaron os raposiños a Guísamo e deixáronnos de agasallo uns fermosos panos cos que pasamos unha entretida clase con xogos de coordinación e movemento.

miércoles, 25 de enero de 2012

Ás agachadas !


 Os/as nen@s de Silvoso desprazámonos polo interior das nosas covas en busca dos seus misterios.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...