APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

jueves, 30 de abril de 2020

Bulebule 23

Benvid@s,meus querid@s alumn@s!! Déixovos unha nova proposta de xogos motrices para esta ponte festiva e aproveito a ocasión, para desexarvos a tod@s un feliz día da nai.
Pasádeo ben!!

1."Comepipas":  neste xogo de motricidade fina precisamos: unhas pinzas da roupa,unhas pipas(poden ser  unhas palliñas cortadas en trozos,garavanzos,fabas,...)e un bote.
O xogo consiste en ir atrapando coa pinza as pipas(ou o que botemos na mesa) o máis rápido que poidamos e metelas dentro dun bote, ata que non quede nada na mesa.A ver  quen pilla máis cantidade?(Variante: podemos mandarlle coller só as palliñas que teñen a mesma cor que a nosa pinza).Adaptámolo sempre as nosas circunstancias e aos materiais que temos na casa.

Los más pequeños pueden desarrollar la motricidad fina y el trabajo de pinza con los dedos a través de este sencillo juego. 
motricidad fina pinzas

2."Toca-toca": xogo de velocidade de reacción, onde só necesitamos cartolina de cores(folios pintados),cinta para pegar,tesoiras e algo para facer círculos de distinto tamaño(vaso,prato,...).No seguinte video explícase con claridade como se xoga.Seguro que vos gusta!!!



3.Coreografía:"Madre tierra".
Para rematar, déixovos unha sinxela coreografía da canción "Madre tierra".Tedes que bailar este tema coordinadamente,seguindo o ritmo e os movementos deste video. Ánimo!!
A bailar!!


Disfrutade destes días en familia e non vos esquezades de moverse!!
Parabéns a todas as mamis!! 
Seguide coidándovos!!



miércoles, 29 de abril de 2020

Bulebule 22


Ola, nen@s!!Hoxe imos plantexar dous xogos motores que espero que vos gusten moito.No primeiro teremos que practicar as nosas destrezas con velocidade,equilibrio e moita maña.
No segundo, faremos un xogo de ioga precioso con animais do mar.
Comenzamos!!!

1.-"O cubo cheo": necesitamos dous cubos ou recipientes de diferentes tamaños(un grande e  outro máis pequeno)que estarán separados a 4m.aproximadamente , unha vaso de plástico e auga (pode ser area, lentellas,etc.).
O xogo consiste en ir collendo auga(lentellas, area o que lle poñades)co vaso e levala correndo dende o cubo máis grande  ao máis pequeno, ata que consigamos encher dito cubo pequeno no menor tempo posible.Se nos cae o que levamos no vaso,temos que voltar a enchelo de novo.
A ver quen acaba antes este reto? Tede coidado de non esvarar.


Icono cubo, aguaNiño pequeño de dibujos animados con un vaso de leche dando pulgar Vector Premium  
Dibujo para colorear cuboFlecha Roja Curva Sf Png - Icon Mũi Tên Png (577x442), Png Descargar



2.Ioga para nen@s:"Os animais do mar: aquí vos deixo unha proposta de ioga para desenvolver o noso esquema corporal, a respiración e a relaxación.Seguide as posturas do video.
Disfrutade!!



Coidádevos moito!!


martes, 28 de abril de 2020

Bulebule 21

Benvidos,querid@s alumn@s!! Espero que xa vos animásedes a dar un paseiño,xogar coa pelota ou andar un pouquiño coa bici.Como se botaba de menos!!  Que ben senta!! Verdade? Agora, vouvos propoñer uns xogos motores para que sigades movéndovos e pasandoo ben.Ademáis,usaremos a reciclaxe.

1."Lanza aros ": usando pratos de cartón,un tubo de rolo de papel ou aluminio(se non dispoñemos do tubo,pode ser unha botella cun pouco de auga ) e un recipiente de natillas ou similar para suxeitar o tubo en vertical.Se non temos este recipiente, pegamos sobre un cartón o rolo ou empregamos unha botella estreita lastrada, como xa vos comentei antes.
O xogo consiste en facer uns aros cos pratos de cartón e lanzalos dende 2m.(podemos ir variando as distancias) para conseguir introducilos dentro do tubo. Neste video veredes como se poden elaborar e como se xoga. A ver quen lanza mellor!! Que puntería!!



2."Carreiras de sopros": necesitamos uns vasos de plástico, cadeiras e  fíos ou cordeis finos.
Neste xogo teremos que meter un vaso furado dentro dun fío e atar  cada extremo do fío a dúas cadeiras(unha será a saída e outra a meta). Poñeremos un fío por cada participante.Logo, sopraremos sobre os vasos para que vaian avanzando polo fío ata chegar dun extremo ata o outro(meta).O que primeiro o logre, será o máis rápido.
Veña, a soprar!! Quen será o máis veloz?



Ánimo!! A xogar e moverse!!





lunes, 27 de abril de 2020

Bulebule 20

Ola, de novo,nen@s!!Espero que tod@s sigades ben.Hoxe propóñovos  dous  xogos motores divertidos.No primeiro continuaremos co apartado adicado a deportes dos xogos olímpicos(adaptado como sempre) e na segunda proposta faremos un mix de :actividades de pilla,habilidades e destrezas básicas e  xogos de lanzamentos.Espero que vos gusten !!

1."Tenis globo": precisamos uns pratos de cartón,uns anacos de madeira ou depresores e uns globos.O xogo consiste en facer unhas raquetas( cos pratos e os paus) coas que imos golpear os globos como se xogásemos ao tenis,pasando o globo entre @s participantes .A ver se imitamos a Nadal ou a Garbiñe Muguruza(famos@s tenistas españois).

2.Mix de xogos caseiros: aquí vos deixo unha mistura de 3 xogos caseiros fáciles.Usaremos unha manta ou pano, unha garrafa grande de auga,un cordel,o pau da vasoira  e bolas de papel. O primeiro xogo chámase " O cazapantasmas".É un xogo de pilla sinxelo. 
No segundo teremos que saltar e xirar para conseguir botar fóra as boliñas de papel.Trátase dun xogo de habilidades e destrezas básicas.
No terceiro xogo faremos lanzamentos con puntería, pero adaptarémolo ao nivel dos participantes.Os máis pequenos terán que meter   canastra  nun cubo fixo,sen que se mova dun lado a outro.
Neste video atoparedes unha demostración completa:



A moverse!! Coidádevos tod@s!!


viernes, 24 de abril de 2020

Bulebule 19

Como estades, rapaciñ@s? Espero que ben e con moito ánimo.Este domingo xa podedes estirar as pernas un pouquiño ,así que temos que aproveitar para movernos máis libremente.Que se vexan es@s bulebules!!
Aquí vos deixo os xogos motores de hoxe:


1."Lanzamento de xavelina"(jabalina) :   este  era  un dos deportes que se ían practicar neste ano nos Xogos Olímpicos. Como xa sabedes , tiveron que aprazarse ata o ano que vén. Nós imos rendirlle unha pequena homenaxe a ditos xogos olímpicos, practicando algúns dos deportes participantes, pero adaptados as nosas características e o material que temos na casa.
Precisamos só uns pratos e unhas palliñas. O xogo consiste en lanzar as palliñas dende unha liña marcada no chan e intentar que caian dentro dun dos pratos.Canto máis lonxe se atope o prato onde caeu a palliña,máis puntuación obtemos.(O sistema de puntos é libre, podemos establecer os números que máis coñecemos ou os que máis nos gusten)
A divertirse, olímpic@s!!  A ver quen gaña!!


2.Coreografía da canción:"Gangnam style". Aquí tedes unha canción moi marchosa, que espero que vos guste.Hai que moverse coordinadamente, seguindo os pasos que aparecen no video. A bailar!!


Ánimo e coidádevos!!


 

jueves, 23 de abril de 2020

Bulebule18

Bo día nen@s!! Feliz Día do Libro!! Hoxe como non podía ser doutra maneira, vouvos facer unha proposta de actividades de educación física relacionada con esta celebración.Imos movernos cun fermoso   conto motor. Descubriredes, cando o escoitedes, valores tan importantes  como :a solidariedade, amistade, valentía, diversidade, aceptación das diferenzas e veredes como debemos superar estereotipos creados. Desexo que o disfrutedes moito!!

Conto motor:"Os lobos que viñeron cear": neste videoconto teremos que prestar atención a todos os personaxes que van saíndo.Podemos dramatizalo en familia ou individualmente.
  Desprazarémonos como se fósemos os animais protagonistas deste conto(hai que fixarse na forma de moverse que ten cada animal) e representaremos esta preciosa aventura, a medida que a imos escoitando.Veredes que sorpresa!!








FELIZ DÍA E A MOVERSE!!!

miércoles, 22 de abril de 2020

Bulebule17

Benvid@s de novo,nen@s!! Hoxe imos facer xogos con panos(material que sempre soemos ter nas nosas casas e que permite facer varios xogos motrices).Espero que disfrutedes moito e movades ese corpiño.

1."O pano xoguetón": cada participante terá un pano polo menos.Con este pano desprazarémonos de moitas maneiras polo espazo da nosa casa.Podemos: lanzalo ao aire e pillalo sen que caia; saltar por enriba do pano tirado no chan; facer un camiño de panos e atravesalo de diferentes maneiras; rodealo;bailar o pano cambiando de man;deixalo no chan seguindo diferentes direccións e sentarse enriba;...Que máis se nos ocurre? A ver quen o fai mellor.

 FICHERO ACTIVIDADES
2."A pita cega": adaptámolo o espazo que teñamos na casa e vixiamos  a seguridade no xogo. O nen@ que panda terá que tapar os ollos e intentar pillar a un dos demáis participantes(que se moverán en círculo ao seu redor),adiviñando despois quen é o pillado,tocándolle no seu pelo e corpo.Os demáis xogadores poden axudarlle dando pistas(móvete á dereita, á esquerda, uns pasos cara adiante, quente ou frío,...).Se acerta,cambiamos papeis e o pillado pasa a ser a nova pita cega.

La gallinita ciega

3."Camiño de rochas": cada xogador terá dous panos e deberá atravesar un río dunha beira á outra, pisando só dentro dos panos(rochas).Para poder avanzar hai que colocarse enriba dun pano e ir colocando o outro diante, para seguir movéndose ata conseguir chegar á meta,intercalando un e outro pano. Non se pode pisar fóra dos panos, porque mollamos os pés. Quen será o máis rápido en cruzar o río?
Art Manga: octubre 2009
Un conjunto de niño feliz en color, silueta y contorno ...              



Disfrutade  e coidádevos!!

martes, 21 de abril de 2020

Bulebule 16

Ola, querid@s nen@s!! Hoxe vouvos plantexar unha proposta algo diferente(ioga para nen@s), pero que nos axudará a tomar conciencia do noso corpo,movernos un pouquiño,relaxarnos e saber respirar mellor.Ademáis,como estamos na semana do día do libro,todo iso ímolo facer a través dun conto.
Veredes que ben o ides pasar!! 


1."O conto das bolboretas":escoitade ben este fermoso conto e reproducide, tranquilamente ,os movementos de ioga relacionados co relato e cos personaxes do conto.Aquí vos deixo o video:



2."As pegatinas": xogo de pilla no que usaremos unhas pegatinas(poden ser gomets ou se non temos nada adhesivo, podemos tocar co noso dedo índice).O xogo consiste en intentar pillar aos demáis participantes, poñéndolles unha pegatina ou tocándolles coa punta do dedo índice.Cando consigamos pegarlle a pegatina,cambiamos de roles e os demáis terán que intentar pillarnos.
Fuxide!!





Seguide coidándovos!!


lunes, 20 de abril de 2020

Bulebule 15

Benvid@s,unha nova semana máis!! Parece que pronto ides ter a oportunidade de saír a dar un paseo acompañados e ,deste xeito, poder movernos con máis espazo, despexando a mente un pouquiño.Que boa nova!!
Aínda así, non temos que esquecer as instrucións e medidas de protección que debemos seguir para manternos con boa saúde,no caso de que se  permitan estes paseos.
Confío en que sigades ben e coidándovos moito.
A proposta de actividades motrices para hoxe é a seguinte:

1."Hóckey con globos": imos iniciarnos no hockei. Para conseguilo utilizaremos uns globos,un cubo e un pau( pode ser o mango dunha vasoira,por exemplo).Desprazámonos polo espazo golpeando o globo co pau e dirixíndoo cara a portería(cesto) coa intención de meter un gol dentro da mesma.

Primero consigan varios globos, definan un arco (puede ser un canasto o caja volteada) y el o los palos de hockey, que pueden ser una escoba o palo. El juego consiste en llevar los globos con el palo hasta meter un gol.
actividades de movimiento

2. "A polos 20": empregando un dado(se non temos, podémolo facer na casa coa axuda da familia,usando unha cartolina, cores e pegamento).
O xogo consiste en acadar antes que ninguén 20 puntos. Lanzaremos o dado,faremos o reto do número que saíu  e iremos sumando as puntuacións que vamos obtendo.Para poder lanzar de novo , hai que superar o reto que lle corresponde a cada número do dado.Os retos que propoñemos  adaptarémolos ao noso nivel e seleccionaremos as accións que máis nos gusten para cada número.
A continuación, déixovos un exemplo.Seguro que o ides pasar fenomenal!!

 ¡A por el 20!

Objetivo conseguir 20 puntos. Coge un dado y lánzalo. Si superas el reto te anotas los puntos obtenidos en el dado.
¿Cómo hacerlo? Coge una hoja de papel. En la hoja de papel, asocias un número a una acción sencilla a realizar. Por ejemplo:
  • 1 —> Lanza un rollo de papel arriba, toca el suelo y cógelo. 3 veces. 
  • 2 —> Lleva un cubo, o un juguete, de un lugar A de la casa a otro B sin tocarlo con las manos.
  • 3 —> Lleva el aro rodando de un lado al otro de la casa sin que toque nada.
  • 4 —> Simón dice… tiene que estar 30 segundos diciendo cosas e intentar que la otra persona se equivoque. Ejemplo, Simón dice que te sientes, Simón dice que te levantes, Simón dice que saltes y aplaudas, Simón dice que te sientes, Simón dice que te sientes…
  • 5 —> Bailar el estribillo de una canción. ¡La que más te guste!
  • 6 —> Lanzar el rollo de papel higiénico a una botella y derribarla.
Nota: Modifica los retos a tu antojo. Esto es solo una idea.
                                                   15 Juegos para niños de 2 a 3 años 2
Ánimo e a moverse!!

viernes, 17 de abril de 2020

Bulebule 14


Ola, de novo nen@s!! Desexo que tod@s sigades ben ao igual que as vosas familias.Hoxe propoñemos unha sorprendente e fermosa actividade de: respiración, relaxación  e conciencia corporal. Debemos escoitar, representar e observar un precioso videoconto. Despois, imos bailar unha movida coreografía. Espero que disfrutedes moito!!!


1.Videoconto:"Respira"
Teremos que atender ben á narración e ás imaxes do conto para ir representando todos os exercicios que aparecen no mesmo.Ímolo pasar de maravilla!!!




2.Coreografía:"Baile dos Minións"
Bailade rítmicamente esta marchosa canción.


A moverse campións!!! Coidádevos!!!

jueves, 16 de abril de 2020

Bulebule 13

Bo día,nen@s!!! Hoxe imos propoñer uns xogos motrices amenos e cheos de movemento, para que o pasades ben e desenvolver a vosa psicomotricidade.


1."Xogo das figuras xeométricas": tedes que desprazarvos saltando cos pés xuntos sobre as figuras xeométricas debuxadas. Adaptarémolo ao noso espazo e lembrade que teredes que facer o percorrido tendo en conta a cor que nos saia ao comezo.Usaremos as formas xeométricas que queiramos.(A cor escollerémola  lanzando un dado de cores ou collendo,por exemplo, un calcetín que leve unha  das cores que teñamos no chan ou tapete.Admite xogar individualmente ou competindo entre varios participantes.Aquí vos deixo un video no que veredes as regras do xogo e descubriredes que ben o pasan:


2.Conto motor:" A ra Martina"
Teremos que seguir atentamente o conto e movernos imitando a todos os animais que van aparecendo nesta fermosa historia.



Disfrutade e seguir coidándovos!!!


miércoles, 15 de abril de 2020

Bulebule 12

Ola a tod@s!!! Que tal vos foi onte coas actividades do circuito? Espero que ben!!! Hoxe,  como no circuito   xa vos dixen que se  propoñían moitas tarefas para repartir en 2 días,  imos completar a nosa proposta cunha  soa actividade motriz musical por se vos atopades con forzas e ganas, despois de rematar dito circuito.
Ánimo!!!


1. Coreografía da canción:"A batalla do movemento".
Nesta coreografía podedes mover todo o corpo seguindo as imaxes do video ou podedes acompañar o ritmo cos vosos movementos creativos (xiros, saltos,etc.).



A bailar e divertirse moito!!!
Coidádevos e lembrade ter unha alimentación saudable!!!


martes, 14 de abril de 2020

Bulebule 11


Benvidos de novo,nen@as!!! Outra semaniña máis imos deixarvos unha serie de propostas con xogos motrices para que sigades facendo actividades de educación física e pasalo ben.
Ánimo!!! Cada día que pasa falta menos para superar esta situación e, mentres tanto, imos mover un pouquiño o corpo.
Veña, con dinamismo!!!

1.-Circuito de psicomotricidade caseiro: adaptándonos ao espazo , materiais da casa e primando sempre a seguridade, podemos realizar actividades que se propoñen neste circuito que ides ver.Escollede as que máis vos gusten e mellor se adapten.Disfrutade!!! 
A moverse!!! (As actividades deste circuito podémolas repartir en 2 días ou máis).




Coidádevos moito nen@s e familias!!!





viernes, 3 de abril de 2020

Bulebule 10


Bo día a tod@s!!! Estamos nas portas das vacacións de Semana Santa e desexo que continuedes con moita forza e ánimo, para superar canto antes estos días difíciles. Aínda que son vacacións, podemos seguir en forma e pasándoo ben. Tedes a opción de escoller entre as diversas actividades motrices que vos fun propoñendo nestes días.Hoxe déixovos estas propostas:

1."Paseando polo bosque": ímonos convertir en exploradores e dar un paseo polo bosque, desprazándonos de diferentes formas.Empezamos camiñando amodo polo noso bosque(espazo que teñamos na casa delimitado).De súpeto, atopamos unha charca(saltamos cos dous pés),vemos un coello(movémonos saltando como fan eles),logo, encontrámonos con outra charca(saltamos cos pés xuntos).Seguimos andando e observamos nunhas pòlas uns simpáticos monos(desprazámonos brincando coma eles),xirámonos , volvemos cara atrás e fixámonos nunha bolboreta(poñémonos de puntillas e intentamos pillala). Agora temos diante un río, collemos carreiriña e saltamos.Oh! perdemos un zapato, temos que camiñar á pata coxa.Avanzamos e vemos unha apetitosa mazá, estirámonos e intentamos alcanzala.Xirámonos de novo e atopamos o zapato.Que alegría!!! Calzámonos e miramos a hora.Ui,Ui!! Xa é tarde, botamos unha carreira e saímos do bosque.
(Podemos escoller outros animais ou esceas do bosque e para facer charcas e ríos usaremos materiais que teñamos na casa como coxíns de diferentes tamaños,etc.).
 A gozar!!!

Diseño para el día de los niños con niños corriendo vector gratuito


2."O elefante": necesitamos unha media(panty),botellas de plástico  pequenas e unha pelotiña (pode ser unha mandarina,cebola,...).
Collemos a media e introducimos dentro a pelota ou similar.Logo, poñemos a media na cabeza para  convertirse na trompa dun elefante. O xogo consiste en colocarnos diante de varias botellas de plástico e intentar derribar coa nosa trompa a maior cantidade delas  nun tempo determinado(2´). Aquí vos deixo un enlace web cunha foto e breve explicación. A ver esa puntería!!!



3.Coreografía:"O baile do corpo":
A moverse rítmicamente co noso corpo e pasalo ben,imitando esta coreografía que xa practicamos algo na clase.




Gozade das vacacións e mantédevos activos!!! Coidarse!!!



jueves, 2 de abril de 2020

Bulebule 9


Arriba ese ánimo e bo día a tod@s!!! Aquí van as propostas de xogos motrices e divertidos na casa:

1."Misión imposible": necesitaremos cinta adhesiva(podemos usar tiras de papel hixiénico, cordas, trozos de tea ou cartolina,...) e cinta carroceira,adhesiva ou plastilina para fixar as tiras en cada extremo.O xogo consiste en atravesar un corredor cheo de cintas(raios laser) sen quedar atrapado no medio e procurando non tocar cada cinta que atopemos,imitando así esceas desta famosa película. Deixovos un video onde se explica brevemente como se xoga.


Los niños, esas pequeñas criaturitas que pueden hacerte la persona más feliz del mundo cuando los ves sonreír y al minuto siguiente te tienen tirándote de los pelos porque han descubierto que tu teléfono "no Juegos Divertidos, Juegos Y Juguetes, Juegos Para Niños, Diversion Para Niños, Espacios De Juego, Casa De Niños, Niños Jugando, Juegos Infantiles, Ludoteca

2."Minigolf caseiro": reciclando material de refugallo(caixas de cartón,latas,..) podemos construír o noso propio minigolf. O xogos consiste en golpear cun pau unha pequena pelota(pode ser un tapón,pelota,..) para que poida entrar dentro dun burato(lata,caixa) e salvando os obstáculos que lle poñamos no percorrido.
Neste enlace web atoparedes como facelo.


Cómo hacer agujeros de oro en lata


miércoles, 1 de abril de 2020

Bulebule 8


Que tal imos? Espero que máis ou menos o vaiades levando ben.Ánimo chic@s, xa falta menos!!!
Hoxe imos divertirnos un pouquiño, ao mesmo tempo que practicamos e afianzamos as nosas habilidades e destrezas co movemento do corpo.
A moverse e disfrutar!!!

1."O hipódromo": precisamos un pao de vasoira(ou similar) que vai facer de cabalo e poñeremos algún obstáculo, que pode ser un coxín ou almofada.
A carreira de cabalos vai comezar. Situámonos nunha liña de saída,montamos enriba do noso cabalo(pao entre as pernas) e imos empezar recoñecendo pouco a pouco o percorrido.Faremos unha volta ao paso(despaciño), dúas voltas a ritmo lento(trote) e logo, daremos 5-6 a toda velocidade(galope), salvando os atrancos que atopemos. A ver quen chega antes á meta!!!(Tamén podemos facer unha manualidade,elaborando o noso propio cabalo para a carreira).



2."Non me caio": imos deseñar o noso propio circuito de equilibrio.Usaremos tetrabriks(cartóns de leite,botes de tomate),coxíns e unha manta. 
Crearemos un pequeno circuito de equilibrio cos materiais que teñamos na casa e iremos pasando de ponte en ponte en equilibrio, sen caerse.Se caemos volvemos ao punto de partida.As pontes farémolas poñendo en liña varios briks ou botes e tapando varios coxíns cunha manta. Imos ver quen é o mellor equilibrista.
(Podemos variar alturas e usar outros materiais da casa como as cubetas da foto).

Correde e pasadeo ben!!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...