Bulebule 58
Ola, nen@s, deixovos aquí unha proposta de actividades de educación física por se precisades utilizalas para manter o ritmo de aprendizaxe, debido a calquera circunstancia que vos impida asistir a clase durante uns días.Están relacionadas co proxecto deste ano e desexo que vos gusten moito.
Ánimo!!! A mover ese corpiño!!!
1."Como ríos: neste xogo precisamos cartóns,cubos,botellas de plástico ou calquera obxecto da casa que nos sirva de obstáculo para simular as pedras do río.Tamén usaremos unha tiza ou cera para debuxar unha liña con curvas que imiten o camiño que fai o río no seu curso medio.
Empezaremos correndo a un ritmo lento e iremos ,pouco a pouco, aumentando a velocidade como a auga no nacemento dun río. Ao mesmo tempo, teremos que ir saltando as pedras que atopemos polo camiño.
Despois, o río ,no seu curso medio, transporta auga con todos os materiais que foi arrastrando e percorre un camiño cheo de curvas.Nós colleremos un vaso pequeno de auga(será a auga do río) e teremos que ir facendo dito camiño, pisando polas raias que debuxamos no chan.Colocamos un pé diante doutro e mantemos o equilibrio,transportando ao mesmo tempo o noso vaso de auga ata o final da liña.
Para rematar , o río chega ao seu final e as augas móvense moi lentamente ata desembocar no mar. Nós tamén camiñaremos lentamente ata deixarnos caer nun coxín ,que representará o final do noso camiño coa unión da auga do río co mar. e botarémonos a nadar nese tramo final do río ata o mar(imitamos o movemento dos nadadores).
Curso alto ( correndo e saltando as rochas)
2."Un revoltixo de animais": neste xogo motriz intentaremos desprazarnos de diferentes formas, intentando imitar os animais que aparecen no seguinte video.
A ver como vos sae!!!Seguro que o facedes fenomenal!!!
3.Ioga para nen@s:"Os animais do mar: imos practicar unhas posturas relaxantes de ioga baseadas nalgún dos animais máis simpáticos do mar.Seguide as instruccións do video explicativo.
Que ben o imos pasar!!