APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

viernes, 29 de mayo de 2020

Bulebule 42

Ola de novo,chic@s!! Xa estamos rematando a semana e con bo tempo, así que podemos aproveitalo para facer xogos e deportes ao aire libre. Que maravilla!!
Aquí vos deixo a proposta de actividades de hoxe.
Espero que vos gusten!!

1.Coreografía da canción : "Mundo    de colores". Movédevos ao ritmo desta canción cunha sinxela coreografía.Seguro que o pasaredes ben. Ademáis,podemos aprender algunha palabriña en inglés,xa que polo medio da canción mándanos ir: á dereita(right), a esquerda(left),facelo unha vez(one) ou dúas(twice) e saltar(jump).Seguro que á profe Cova tamén lle gusta.
A ver ese baile e coordinación!!



2.Cuento motor adaptado:"Viaje al bosque encantado"(Ioga para niñ@s) 
Nesta actividade faredes unha pequena viaxe a un estupendo bosque, relaxarédesvos un pouquiño controlando a respiración e bailaredes unha fermosa canción.
Imos aló!!




Bo fin de semana!!

jueves, 28 de mayo de 2020

Bulebule 41

Bo día,nen@s!! Hoxe como xa vos comentou algunha titora é o "Día mundial do xogo". Esta actividade que utilizamos cada día nas nosas clases para aprender dun xeito ameno e motivador.Entón, as propostas de hoxe van encamiñadas a facer unha pequena homenaxe aos xogos populares e tradicionais de sempre.
Espero que os practiquedes sempre que poidades e desfrutedes moito con eles.

1."A mariola(rayuela)": só precisamos unha pedra e unhas tizas ou cinta adhesiva para marcar os rectángulos no chan e o semicírculo do final. Despois,debuxamos  os dez  números dentro de cada unha das cuadrículas e nalgúns lugares ,en vez do número dez,escriben a palabra ceo.
O xogo consiste en lanzar a pedra a cada cuadrícula,empezando pola do número 1 e facer o percorrido de ida e volta ata o final,saltando á pata coxa ou cos dous pés se pasamos por unha cuadrícula dobre, seguindo o debuxo no chan do xogo.Se a pedra non nos cae dentro da cuadrícula que nos toca,pisamos as raias de separación ou perdemos o equilibrio,pasamos o turno ao seguinte xogador.
Gaña o que consiga facer antes todo o percorrido pasando a pedra de cuadrícula en cuadrícula por orde ata o final no número dez ou na palabra ceo.
Déixovos un vídeo do xogo para que lembredes como se practica.Se a algún lle resulta moi difícil,podemos adaptalo saltando cos dous pés xuntos en cada cuadrícula que  non sexan dobre.
Ánimo!! Ollo onde pisades!!



2."Escondite inglés": neste xogo non necesitamos ningún material.
Un xogador colócase mirando cara a parede e o resto de xogadores sitúanse detrás a unha distancia de 5 metros.O participante que mira a parede dira:-"Un, dous, tres, escondite inglés"(retrouso). O resto aproveitará para achegarse a el,mentras que recita este lema.Cando dito xogador remata esta frase,dá a volta e o resto ten que permanecer quedo.Se o que panda ve a alguén moverse, este participante ten que voltar ao punto de partida. O obxectivo é chegar ata a parede, sen que nos vexan en movemento. O primeiro que o logre,pasa a ocupar o posto do que pandaba na parede.
No video explícase este xogo e, neste caso, chámanlle "palito inglés".
Que non vos vexan en movemento!!



3."Carreira de sacos": necesitamos tantos sacos ou bolsas grandes como xogadores participantes.

O xogo consiste en meterse dentro do saco,agarralo coas dúas mans ata a altura da cintura e cando se dé un sinal de saída,desprazarse saltando co saco ata chegar a unha liña de meta marcada no chan.Gaña o primeiro en lograr cruzar dita liña de meta.Aquí tedes un pequeno video para ver como se xoga.
A ver quen chega antes!!



A DIVERTIRSE MOITO!!🏃🏀



miércoles, 27 de mayo de 2020

Bulebule 40

Benvidos de novo,nen@s.Con este bo tempo e a eliminación de horarios para pasear e facer deporte,xa podemos movernos con máis facilidade e non temos que estar pendentes dos reloxos.Que boa nova!!
A ver se vos animades coas propostas de xogos motores para hoxe.

1."O pisotón": para este xogo imos precisar dúas bolas de plastilina de diferente cor,unha tea ou plástico para o chan e dúas ceras(poden ser bolígrafos, gomets,rotulador) da mesma cor que as bolas de plastilina).
Para empezar colleremos a plastilina e iremos facendo varias boliñas pequenas de cada cor.Estas boliñas colocarémolas sobre unha tea ou plástico que cubra o chan.
Despois, debuxaremos unha cruz en cada pé(que sexa fácil de borrar,por iso propoñemos ceras ou gomets).Por exemplo,se as bolas de plastilina son azuis e vermellas, no pé dereito faremos unha cruz vermella e no esquerdo unha azul.
O xogo consiste en intentar aplastar con cada pé  todas as bolas de plastilina que teñan a mesma cor que a cruz debuxada nese pé.Podemos ir dando orientacións, asociando dereito coa cor azul e esquerdo coa vermella e facer variantes(alternar dereito con esquerdo para traballar  a lateralidade).Déixovos unha imaxe como demostración.Non fagades caso das cores da plastilina que aparecen,porque é unha versión diferente do xogo.
A ver esos pisotóns!!



2."Ping pong caseiro": precisamos unha pelota de ping pong ou unha pelota pequena que bote(bailarina) e uns pratos fondos ou cuncas.
O xogo consiste en lanzar a pelota para que dé un bote e caia dentro do prato ou cunca.Podemos poñer varios pratos e darlle unha puntuación.Se conseguimos que a pelota caia no prato máis alonxado,maior puntuación.Aquí tedes un video explicativo do xogo.
A pasalo ben!!




Desfrutade e coidádevos!!






martes, 26 de mayo de 2020

Bulebule 39

Ola de novo, chic@s!! Estas son as propostas motrices para hoxe.Desexo que desfrutedes con elas.

1."Alturas": neste xogo imos precisar coxíns,cubo baixiño(cubeta)posto no chan do revés e corda.
O xogo consiste en que un dos participantes ten que intentar pillar a algún dos outros xogadores, pero ditos xogadores teñen casas onde poden descansar e conseguir que non os pillen.Estas casas deben ter sempre algunha altura e temos que manter nelas algunha postura de equilibrio.Se nos situamos na corda ,colocarémonos na punta dos pés; se subimos a un coxín,estaremos de pé quedos e se nos poñemos enriba do cubo,manterémonos á pata coxa.
Cando non poidamos manter a posición ou nos pillen,cambiamos a persoa que ten que pillar.
A pasalo ben!!

Ilustración Vectorial Los Niños De La Pequeña Niña Saltando En Una ...
EL COJÍN DE AIRE LUMINOSO                 



      Red Pail Stock Photos - FreeImages.com
        

2."Pés quedos" (xogo de pilla  e lanzamentos adaptado): para esta actividade imos necesitar unha pelota(pode ser bolas de papel) e unhas tizas ou pinturas para facer un pequeno círculo no chan.Como sempre, adaptarémolo ás nosas circunstancias persoais e o espazo dispoñible.
Neste xogo o que comeza pandando colócase no centro dun círculo que debuxamos no chan e os demáis sitúanse dentro do círculo.Despois,este xogador do centro lanza a pelota ó aire e di o nome dun participante do xogo,mentras que o resto escapa o máis lonxe posible.O participante nomeado corre a pillala pelota antes de que bote no chan e cando o consiga,dirá: -"Pés quedos".Nese intre,todos frean e non se poden mover.O que ten a pelota dará 3 pasos ata o xogador que se atope máis cerca e lanzaralle a pelota.Se consigue darlle,o xogador tocado pasará a pandar no medio e se non o logra,volverá a empezar o xogo de novo.
Aquí vos deixo un pequeno video explicativo coas instruccións do xogo.
A ver quen escapa máis lonxe!!








A moverse!!






         






lunes, 25 de mayo de 2020

Bulebule 38

Ola, nen@s!! Que tal de fin de semana? Espero que o pasárades moi ben con toda a familia.
Imos comezar a semana movéndonos un pouco.
Ánimo!!

1."O aeroporto": precisamos unhas follas de papel para facer avións.
O xogo consiste en lanzar avións de papel e temos que ir a por eles antes de que caian no chan.Hai que pillalos antes de que aterricen.Se non o pillamos a tempo, o avión xa aterrizou e temos que volver andando agachados pola pista de aterraxe ata o punto de saída.
A ver cantos avións atrapamos con velocidade!!

Ilustración de dibujos animados de un avión de papel niño de lanzar Foto de archivo - 62829936




2."O coello saltarín": necesitamos uns trozos de cartón ou folios(para debuxar as cenorias) e un cubo.
Convertirémonos en coelliños que terán que ir apañando todas as cenorias que atopen repartidas polo chan.Cada vez que consigan unha cenoria, deberán levala ata o cubo(cesto) da súa tobeira(refuxio).Sempre nos desprazaremos a saltos como os coellos.
A ver quen consiga máis cenorias no mesmo tempo ou quen tarda menos en apañalas todas.
Bulebule!!

Ilustración De Un Personaje De Zanahoria Renunciar Pulgares ...Dibujos animados de conejo Vector Premium

A moverse!!

viernes, 22 de mayo de 2020

Bulebule 37

Que tal estamos,nen@s? Espero que tod@s vos atopedes ben. Hoxe vouvos propoñer unha actividade motriz máis movida e outra un pouquiño máis tranquila.
Espero que vos gusten.


1.Coreografía "Dance Monkey": imos movernos ao ritmo desta  canción, seguindo a coreografía do video de xeito coordinado.
A bailar!! A ver como sae!! Ánimo!!



2."Arnold,a formiga" (un conto motor baseado no ioga para nen@s): aquí vos deixo un precioso conto motor no que ides vivir unha fermosa aventura.Lembrádevos de respirar tranquilamente,inspirando polo nariz e expirando pola boca suavemente,cando vos poñades a soñar con Arnold.Fixádevos nas posturas do video ,para reproducilas co conto.
Desfrutade!!




Bo fin de semana para tod@s!!




jueves, 21 de mayo de 2020

Bulebule 36


Ola,querid@s nen@s!!Aquí vos deixo dúas novas propostas de educación física para hoxe.
Espero que o pasades ben!!

1."Paseando o can": imos facer un circuito levando unha botella de agua atada ao noso corpo,como se paseamos a nosa mascota por un camiño fixado.
Precisaremos unha corda,unhas botellas pequenas de auga,cinta adhesiva,dous paus(poden ser mangos de vasoira ou fregona) e uns coxíns.
No seguinte video veredes que ben o vades pasar ,ao mesmo tempo que vos movedes coa vosa mascota(botella).



2."Abanícate": divertido xogo motriz no que só necesitamos uns tubos de papel de cociña ou hixiénico(tamén servirían vasos de plástico)e unhas bandexas ou revistas.
Neste xogo teremos que derrubar abanicando a maior cantidade de tubos ou vasos.En función do número de segundos que tardemos en derrubar todo,haberá que realizar un movemento determinado ao remate deste xogo.Fíxate na explicación do video.
A desfrutar!! A ver cantos podemos tirar no menor tempo posible!!



A moverse!!

miércoles, 20 de mayo de 2020

Bulebule 35

Ola,chic@s!! Imos darlle un pouco de marcha ao noso corpo.Espero que o pasades ben con estes xogos motrices.

1."Apañando mazás": con esta divertida actividade motriz que se explica a continuación,ides desenvolver as vosas habilidades e destrezas básicas , o equilibrio e a coordinación.
A ver se non nos caemos das pólas!!

 Recogiendo manzanas

Para hacer esta actividad necesitas pocos materiales: cinta adhesiva de color, unas manzanas (u otro objeto) y una cesta. En un espacio interior o exterior tendrás que hacer con la cinta adhesiva, una especie de árbol que permita realizar varios movimientos. En cada “rama” se pone una manzana. Las posibilidades luego son infinitas… el niño puede saltar en dos pies por el “tronco” hasta recoger la cesta. Después puede hacer equilibrio por cada rama mientras recoge las manzanas y las pone dentro de la cesta que tiene en la mano. La idea es que no se “caiga” de las ramas. Otra forma de llegar a las ramas es caminando con las piernas abiertas por las líneas que forman el tronco del árbol.
                               


2."Derrubar a pirámide": para este xogo precisamos uns vasos de iogur(poden ser botes vacíos ou tubos de cartón do papel hixiénico) e un trozo de papel de aluminio para facer unha bola(se temos unha pelota de tenis ou pequeniña tamén nos sirve).
O xogo consiste en situarnos a  5 pasos(despois podemos variar as distancias) e lanzar a bola ou pelotiña á pirámide feita cos envases,para intentar derrubar todos os obxectos que poidamos.Tamén é posible asignar unha puntuación a cada bote,para facer a suma ao final cos que tiramos.
A ver esa puntería!!

Todos a jugar: Juegos y pasatiempos con latas recicladas


Coidádevos e desfrutade!!


martes, 19 de mayo de 2020

Bulebule 34

🏃🏃🏃Como estamos,rapaces?Espero que tod@s vos atopedes ben.Estas son as actividades motrices para hoxe.

1." A mosca": (xogo de pilla)entre os participantes do xogo,escollemos o nen@ que fará de mosca inicial.Cando lle digamos:
"-Mosca,onde estás?"
A mosca intentará pillarnos,tocándonos coa punta do dedo nunha parte do corpo e diranos onde nos picou.Teremos que correr coa man na parte do corpo onde recibimos o picotazo e volvemos a escapar.
  Se nos pican de novo,  cambiamos a man e poñémola na parte afectada.
 Cando a mosca pique a alguén 3 veces,cambiamos os roles e o que fai de mosca fuxe, para que o pillado pase a ser a nova mosca.
Fuxide!!

Gente Corriendo (con imágenes) | Dibujos de niños corriendo ...


2."Escaleira de cores": neste xogo motriz precisamos unha corda ou cordel,cintas(teas ou papeis) de cores e unhas sillas para manter a corda estirada e amarrada.
 Teremos que tocar coa punta dos pés unhas cintas de cores penduradas dunha corda que está suxeita nunhas sillas ,seguindo unha secuencia(por exemplo: rosa,verde,amarelo,azul).
Podemos aplicar variantes: alternar con cada pé a cinta que tocamos,cambiar secuencias ou ritmo,lanzar un obxecto para facer puntería  nunha cinta dunha cor determinada,...

Resultado de imagen de elige educar 10 formas de trabajar la motricidad gruesa


A pasalo ben!!


lunes, 18 de mayo de 2020

Bulebule 33

Benvid@s de novo,chic@s!!Imos mover un pouco o corpiño neste inicio da semana con estas propostas motrices,que desexo que vos gusten moito.

1."Cousas da casa":aquí tedes un sinxelo circuito psicomotriz para facer na casa e divertirse moito.Mirade o video e xa veredes,como o ides pasar ben.



2."Lanza,lanza": nesta proposta imos practicar lanzamentos.No video que vos deixo a continuación,suxiren varias actividades. Podedes escoller as que máis vos gusten e adaptalas como sempre ás condicións que temos nas nosas casas e ás nosas características psicomotoras (algunhas son complicadas e ,por exemplo, non necesitamos facer os lanzamentos á pata coxa ,nin o reto final).
A ver como saen eses lanzamentos!! Desfrutade!!



A moverse!!

viernes, 15 de mayo de 2020

Bubule 32

Benvid@s chic@s!! Xa estamos nas portas dun novo fin de semana e imos propoñervos dúas actividades moi entretidas e de movemento.

1."Levantando las manos"(canción motriz): aquí vos deixo unha canción movida para que sigades a coreografía e o ritmo da canción.
A ver ese movemento e coordinación!!



2."Saúdo ao sol"(Ioga para nen@s):
neste video ides relaxarvos,tomar conciencia do voso corpo e controlar a respiración.
Seguro que o pasades fenomenal!!




A moverse!! Bo fin de semana!!



jueves, 14 de mayo de 2020

Bulebule 31

Como nos atopamos hoxe? Espero que tod@s e as vosas familias vos encontredes ben. Déixovos unha nova proposta para poder moverse un pouquiño.

1."Unha viaxe á lúa"(conto motor):  neste conto motor imos desprazarnos de formas diferentes seguindo a historia do conto e facendo as adaptacións necesarias.Por exemplo, para subir á árbore en lugar de gabear por espaldeiras,farémolo polo sofá do salón ou no sitio dos ariños,colocamos pratos de plástico.
 Fixádevos nas instrucións e veredes que ben o pasades dramatizando este conto.


Dos chicas mirando luna llena en el muelle | Vector Premium


2."Xogo da ra": xogo tradicional para o que precisamos unha caixa ,tesoiras e uns rotuladores para pintar a silueta e boca da ra.
O xogo consiste en colocar a ra(debuxada na caixa coa boca aberta e recortada) a unha distancia de 2 m. aproximadamente(podemos ir variando as distancias para adaptar a dificultade) e lanzar pelotas(poden ser bolas de papel) con puntería para que entren na boca da ra.
A ver quen ten máis acertos!!

la rana


Pasadeo ben !!

miércoles, 13 de mayo de 2020

Bulebule 30

Ola,chic@s!!Espero que sigades ben!!
Hoxe vouvos propoñer un xoguiño de velocidade de reacción e outro de habilidades,equilibrio e coordinación.


1."Conxelados": imos movernos pola casa ao ritmo dunha canción que nos guste moito e cando nos digan "conxelados",quedamos parados no sitio, ,mantendo a posición que queiramos durante 5 segundos. Logo, continuamos bailando a canción ata que nos digan outra vez a palabra "conxelados" e teñamos que quedar quietiños.Así, ata o final da canción.
A ver quen mantén mellor a posición conxelado ("sen moverse"), cando nos toque!!

Blink Activity | BlinkLearningNotas musicales coloridas | Vector Premium



2."Pasar o río": precisamos 2 coxíns ou folla de xornal e limitar o espazo do río   cunha cinta ou marca no chan.
Neste xogo imos cruzar "o río"  trazado na nosa casa, pero para atravesalo só dispoñemos de dúas "pedras"(coxíns), que temos que ir movendo de unha en unha para poder avanzar e chegar ata a outra beira do río no menor tempo posible.Primeiro, colocamos unha pedra(coxín ou folla de xornal)no chan, subimos enriba e, despois, poñemos diante a seguinte "pedra" no río   para  situarnos de pé sobre ela.Para seguir,pillamos a que quedou detrás e pasámola para diante e ,deste xeito, avanzamos paso a paso.
A ver quen o atravesa máis rápido!!


TIC TAC TOE 3 EN RAYA


Desfrutade!!



martes, 12 de mayo de 2020

Bulebule 29

Benvid@s de novo!! Aquí vos deixo a proposta de hoxe, na que imos desenvolver todas as nosas habilidades e destrezas básicas cun interesante circuito deportivo adicado a 5 deportes olímpicos (atletismo, tenis, golf, baloncesto e fútbol).
Aló imos!!

1."Deportes na nosa casa"(circuito psicomotriz): neste video veñen unha serie de xogos motrices e actividades deportivas que podemos adaptar e facer na nosa casa sen dificultade.
A ver como saen!!


A moverse !!


lunes, 11 de mayo de 2020

Bulebule 28

Ola, nen@s!! Que tal vamos? Espero que cada vez mellor !! Aínda que temos que lembrar non baixar a garda e seguir: coidándonos, cumprindo as normas de seguridade,facendo unha alimentación saudable e variada e movendo o noso corpiño.
A ver que tal saen os xogos motrices que vos propoño hoxe:

1"O globo movedizo":precisamos uns globos, unha cinta ou cordel para atalos e unha gorra.
O xogo consiste en atar ,primeiro, un globo á nosa gorra e intentar darlle toques coas mans e logo,cos xeonllos.
Despois , aumentaremos a dificultade atando dous globos á mesma distancia  e repetir os toques.
Ao final, atamos un globo a máis distancia que o outro para golpear un coa man e outro co pé. Neste video vedes claramente como se xoga.
Desfrutade!! A ver cantos toques somos capaces de darlle!!



2."Ruleta de animais": só necesitamos unhas tarxetas con debuxos dos animais que máis nos gusten(teñen que desprazarse de formas diferentes) e unha botella para facer de agulla da ruleta.
Colocamos as tarxetas en círculo e xiramos a botella.Cando pare, sinalará un animal.Miraremos quen foi o afortunado que saiu e teremos que imitar os seus movementos durante 2 voltas.Logo, xiraremos de novo a botella e a ver onde se para.Aquí tedes unha sinxela explicación do xogo.



A moverse,chic@s!!










viernes, 8 de mayo de 2020

Bulebule 27

Benvid@s, rapaces!! Vouvos facer unha proposta divertida con dúas actividades interesantes. Na primeira imos convertir o sofá da nosa casa nun táboa de surf e na segunda aprenderemos unha técnica de relaxación e respiración  baseada no mindfulness( que consiste en centrar a nosa atención nun pensamento ou obxecto para percibir o noso corpo,relaxarnos,concentrarse e meditar).

A ver como nos saen!! Ánimo!!

1."O sofá flotante": o sofá convértese en táboa de surf sobre a auga do mar. Para empezar ,desprazarémonos andando pola casa como se paseásemos polas rúas do pobo ata chegar á praia(salón da casa).Ao chegar a área, botámonos a correr (polo salón da casa) pisando a area e tamén, podemos xirar nela(como unha croqueta no chan).Tede coidado!!A area  pode estar quente e quizáis hai que camiñar de puntillas un tramo. Despois de 3 voltas polo salón, metémonos na auga e tocamos ,primeiro, coas mans e logo, cos pés a nosa táboa de surf(sofá).Intentamos subir nela cun pé no chan e outro na táboa(sofá) e desprazámonos cara diante nesa posición , porque a táboa non está queda  na auga.
Por fin, damos un salto e conseguimos sentarnos sobre a táboa(sofá).Poñémonos a catro patas sobre a táboa e camiñamos, intentando manter o equilibrio para non caer ao mar, porque a táboa segue movéndose coas ondas.Como as ondas veñen con forza, non nos deixan avanzar cara diante.Entón, colocámonos atravesados sobre a táboa e facemos os movementos con brazos e pernas de nadar, para ver se podemos achegarnos lateralmente ata outras táboas duns compañeir@s.
Buff!! Como cansa isto de nadar!! Ímonos deitar na táboa boca arriba e soltamos un pouco os músculos das pernas facendo o xesto de pedalear.A continuación, intentaremos poñernos de pé e manter o equilibrio sobre a táboa e procuramos tocar coa punta dos dedos a táboa ,inclinándonos cara diante. Menudo equilibrio!! Fenomenal!!
De súpeto, unha onda fainos perder o equilibrio e dun salto caemos ao mar(chan ou alfombra).Como xa estamos un pouco cansos, poñémonos a nadar(corremos movendo os brazos como se estivésemos nadando) ata chegar á praia(3 voltas correndo polo mar do salón) e cando cheguemos, tumbámonos na area e descansamos, tomando un pouco o sol.
Bo esforzo, chic@s!!

Tabla de surf sobre agua limpia | Foto Gratis


2."Xogo das esponxas"(Mindfulness):
neste xogo imos aprender a tomar conciencia do noso corpo ,mellorar a atención, relaxarnos e controlar un pouco mellor a nosa respiración.Seguide con atención o video e repetide os movementos e accións que nos indican.Xa veredes como vos gusta!!










Gozade!! Coidarse!!


jueves, 7 de mayo de 2020

Bulebule 26


Bo día,querid@s nen@s!! A proposta de hoxe vai completar a que vos fixen onte,xa que no circuito había varios xogos que se podían repartir en dúas sesións.
Entón, faremos uns xoguiños de psicomotricidade fina,desenvolvendo a técnica da pinza e a coordinación óculo-manual.
Ánimo!! A divertirse!!

1."Xogos de psicomotricidade fina na casa": escollede 2 ou 3 xogos que máis vos gusten dos que se amosan no video.  Se non temos algún tipo de  material,adaptámonos ao que teñamos na casa(exemplos: empregar palliñas no sitio de limpapipas ou en vez de boliñas de poliestireno, usamos garavanzos).No video explícase moi ben cada xogo.
A ver como vos saen!!


Coidádevos moito!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

Bulebule 25

Ola, de novo a tod@s!! Hoxe vouvos propoñer un circuito psicomotriz baseado no equilibrio, que, como sempre, debemos adaptar: ás nosas posibilidades ,ao espazo e aos recursos da nosa casa.Podedes repartir os xogos que aparecen en dous días.
 Seguro que o ides pasar ben!! Imos aló!!

1. Circuito psicomotriz de equilibrio:  neste circuito precisamos rolos de papel hixiénico, mandarinas ou laranxas pequenas, pinzas da roupa ,unha culler e cinta adhesiva ou tiza para marcar unha liña no chan.

O quecemento que aparece no video ímolo sustituir por uns desprazamentos pola casa cambiando de ritmo(lento e rápido) e tamén eliminaremos o reto final que nos plantexan no video,xa que non se axusta ás nosas características e podemos levar un croque.
Mirade o video con atención e seguide as instrucións que aparecen.Escollede os xogos que máis vos gusten para empezar e ,se queredes, podedes repartir as actividades en dous días,porque temos varias para elixir.Non vos esquezades de que podedes adaptalo sempre con variantes, priorizando a seguridade.
A disfrutar do equilibrio!!


Disfrutade e coidádevos!!


martes, 5 de mayo de 2020

Bulbule 24

Benvid@s de novo!!Hoxe propoñemos dous xogos motrices moi divertidos e fáciles para facer na casa.
Ánimo!!

1."A limpar a casa": usaremos só boliñas de papel e unha cinta adhesiva ou tiza para marcar o espazo de xogo.
Neste xogo temos que dividir o espazo en dúas partes iguais e intentar lanzar boliñas de papel ao campo contrario(limpar a nosa casa) e intentar que o outr@ participante non nos deixe boliñas no noso campo, para iso debemos apañalas rápido e devolverllas.
Unidad didáctica Juegos Alternativos


2."Roda,roda": precisamos algo que poida rodar(laranxa, limón,...) ,uns vasos de plástico, cinta adhesiva e unha mesa.
É un xogo de lanzamento con puntería.Lanzaremos con puntería o que teñamos para rodar, coa finalidade de conseguir que caia dentro dun vaso que estará pegado á beira da mesa.Nesta imaxe podedes observar como se xoga.
A ver esa coordinación e puntería!!

Tiempo de juego para niños durante las vacaciones escolares Ideas de bricolaje de madera Tiempo de juego para niños durante … Juegos Para Fiestas Infantiles, Actividades Infantiles, Manualidades Infantiles, Manualidades Para Niños, Juegos Divertidos, Juegos Y Juguetes, Juegos Para Niños, Actividades De Aprendizaje Para Niños, Actividades Para Preescolar


A moverse!!  Seguir coidándovos!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...