APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

miércoles, 9 de abril de 2014

O Circo do Sol chegou ao noso C.R.A.

Ollo!  O Circo do Sol xa chegou a Bergondo: movemento, acrobacias, diferentes desprazamentos, dominio corporal, manipulación de obxectos, relaxación,... e moita diversión.
Pasen e vexan:
GUÍSAMO
 1ª Función: aula dos triángulos e dos círculos.
2ª Función( o venres): aula dos cadrados.






















































Xenial!




CARRIO

Nesta actuación salientamos os números adicados á relaxación,o equilibrio,xiros, desprazamentos imitando a diferentes animais e a coordinación.Uns fenómenos!






























LUBRE

Que sería dun circo sen saltos, lanzamentos e malabarismos!
Fantástic@s!




























Vixoi, Silvoso e a mencionada aula dos cadrados de Guísamo amosarán os seus fascinantes números artísticos na 2ª función deste venres. Non o perdades! Seguro que vos sorprenderán! 

martes, 13 de noviembre de 2012

Visitamos as nosas fragas


Na escola de Carrio tamén fomos buscar castañas para celebrar o magosto nas nosas casas.Hai que ver como dominamos o espazo e como nos movemos con axilidade e cooordinación!






 

martes, 16 de octubre de 2012

A festa dos aros





Na clase de Educación Física pasámolo moi ben. Experimentamos co novo material, xogamos cos aros que percorreron o noso corpo e descubrimos diferentes formas de desprazarnos polo espazo da aula.











miércoles, 16 de mayo de 2012

Festa dos globos en Carrio


 Aproveitando os globos que trouxo Alejandro á escola, fixemos uns xogos de coordinación psicomotriz e pasámolo fenomenal.


miércoles, 21 de marzo de 2012

Circuito máxico en Vixoi

Os nen@s de Vixoi descubrimos novos espazos máxicos e salvamos sorprendentes obstáculos que ían aparecendo polo camiño. 
  




miércoles, 14 de marzo de 2012

Divertímonos nunha granxa



A aula dos triángulos foi de excursión á granxa e movémonos imitando a todos os animais que iamos vendo.Saiunos unha visita moi entretida e con diferentes desprazamentos.


miércoles, 7 de marzo de 2012

Xogos de coordinación e movemento


Chegaron os raposiños a Guísamo e deixáronnos de agasallo uns fermosos panos cos que pasamos unha entretida clase con xogos de coordinación e movemento.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...