Bo día aos bulebules!!Querid@s nen@s chegou o día en que rematan as clases e quero despedirme de vos e das vosas familias felicitándovos polo esforzo e traballo realizado neste complicado curso.
Espero que no vindeiro curso poidamos vernos no cole e participar tod@s nas clases de educación física,desfrutando das actividades e aprendendo xuntos.
A tod@s os que marchedes para o C.P.I."Cruz do Sar" deséxovos o mellor nesa nova etapa.
Agora xa toca descansar e pasalo ben no verán, pero non vos esquezades de movervos: xogar, correr,saltar, nadar... e desfrutar do deporte.
Coidádevos tod@s!!
Bo e merecido verán!! Vémonos á volta!!
➥ Déixovos como actividade motriz final unha coreografía cos protagonistas da película "Trolls", espero que vos guste.
A moverse!! A ver ese ritmiño e coordinación!!
Un biquiño para tod@s e para as familias.😘
🏃 🏄 🏊 🏀







