APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

viernes, 27 de marzo de 2020

Bulebule 5


Cómo están esos ánimos? Espero que tod@s esteades ben e motivados para conseguir superar esta etapa difícil.Cada día que pasa falta menos para volver a vernos xuntos.Ímolo lograr!!!Así que fóra preguiza,ánimo e a moverse!!!


Hoxe propoñemos estas actividades e xogos motrices:

1."O oso formigueiro"(xogo de pilla): só necesitas un obxecto que teñas na casa un pouco alongado para simular a trompa do oso formigueiro.Un dos participantes convértese en oso formigueiro e leva a súa trompa pegada ao nariz.O oso intentará pillar coa trompa ás formigas, que son o resto dos participantes.Cando se pille unha formiga ,esta cae sentada no chan e non pode revivir ata que outra formiga lle toque na cabeza.Cada 20" cambiamos de oso.
Variante: cando se atrapa unha formiga, o resto collea polos pés e brazos ata un punto sinalado(formigueiro) e alí revive de novo.O oso formigueiro non pode atrapar as formigas mentras que estén transportando a atrapada ao formigueiro.
Aquí vos deixo un video para que vexades un exemplo(temos que adaptalo ás nosas casas):


2."Cazapokémons: xogo de lanzamento con puntería no que podemos facer manualmente os nosos pokémons con plastilina ou cartolinas. Faremos  os bonecos de pokémons desenvolvendo outras destrezas e coordinacións.
No seguinte enlace tedes a explicación do xogo(que debemos adaptar) e un video demostrativo:


3."Coreografías infantís": nesta actividade temos que mover o noso corpo seguindo o ritmo e os movementos que se amosan nas coreografías do video.É unha escolma de varios fragmentos de cancións en inglés que dura varios minutos, pero que podemos parar cando queiramos ou saltar cancións.Seguro que o ides pasar ben e ademáis de bailar e coordinar movementos,temos a posibilidade de aprender algo de inglés. 
A bailar, rapazas e rapaces!!!

Aquí está o enlace web:


Coidarse!!! 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...