APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

martes, 28 de abril de 2020

Bulebule 21

Benvidos,querid@s alumn@s!! Espero que xa vos animásedes a dar un paseiño,xogar coa pelota ou andar un pouquiño coa bici.Como se botaba de menos!!  Que ben senta!! Verdade? Agora, vouvos propoñer uns xogos motores para que sigades movéndovos e pasandoo ben.Ademáis,usaremos a reciclaxe.

1."Lanza aros ": usando pratos de cartón,un tubo de rolo de papel ou aluminio(se non dispoñemos do tubo,pode ser unha botella cun pouco de auga ) e un recipiente de natillas ou similar para suxeitar o tubo en vertical.Se non temos este recipiente, pegamos sobre un cartón o rolo ou empregamos unha botella estreita lastrada, como xa vos comentei antes.
O xogo consiste en facer uns aros cos pratos de cartón e lanzalos dende 2m.(podemos ir variando as distancias) para conseguir introducilos dentro do tubo. Neste video veredes como se poden elaborar e como se xoga. A ver quen lanza mellor!! Que puntería!!



2."Carreiras de sopros": necesitamos uns vasos de plástico, cadeiras e  fíos ou cordeis finos.
Neste xogo teremos que meter un vaso furado dentro dun fío e atar  cada extremo do fío a dúas cadeiras(unha será a saída e outra a meta). Poñeremos un fío por cada participante.Logo, sopraremos sobre os vasos para que vaian avanzando polo fío ata chegar dun extremo ata o outro(meta).O que primeiro o logre, será o máis rápido.
Veña, a soprar!! Quen será o máis veloz?



Ánimo!! A xogar e moverse!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...