APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

jueves, 11 de junio de 2020

Bulebule 50

Ola, nen@s.Aquí tedes novas propostas motrices para mover un poco o corpiño.
Ánimo!!

1."O vaso-tenis": para este xogo necesitaremos un vaso de plástico, un cordel ou corda e unha pelota de tenis.
O xogo consiste en dividir 2 campos pequenos de tenis dentro do espazo da nosa casa co cordel ou corda.Logo, situarémonos dentro de cada campo e pasaremos a pelota coa man por riba da corda(rede) ao outro participante,que terá que intentar metela dentro do seu vaso.Pode pillala directamente ou deixar que dé un bote e collela despois.
Se non somos capaces de introducila no noso vaso ou da máis de 1 bote no noso campo antes de pillala,teremos que facer 5 veces un exercicio ou reto que nos marque o xogador contrario(dar 5 saltos a pés xuntos,manterse 2" en equilibrio á pata coxa,facer 5 xiros,...o que queiramos).
Neste video explicativo veredes como se xoga.
Ides pasalo moi ben!!



2."A zapatilla voadora": só precisamos unha zapatilla deportiva , un trozo de cinta adhesiva ou tiza(para marcar a zona de lanzamento) e unha alfombra ou toalla.

Para empezar, marcamos no chan un raia ou zona onde nos colocaremos para lanzar e a uns 2 m. a toalla estirada.Despois, colleremos a zapatilla cunha man e lanzaremos a zapatilla con coidado, intentando que caia dentro da toalla ou alfombra(Podemos alternar a man coa que lanzamos).Se o logramos,damos un salto de ledicia e dobramos a toalla pola metade(imos reducindo a superficie que temos para que caia a zapatilla).Se fallamos, repetiremos 3 veces un exercicio físico que se nos ocurra (pode ser calquera que vos guste ou o que sae no video que vén agora) e,logo, volvemos intentalo.O xogo remata cando a toalla ou alfombra quede ben dobradiña.
A ver esa puntería!!





A desfrutar!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...