APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

miércoles, 25 de marzo de 2020

Bulebule3

Bo día, a tod@s!!! Seguide fortes e con ánimo!!! Hoxe querovos comentar que fixen unha pequena modificación nas entradas ao blogue e dende o inicio  desta semana, levarán o título de Bulebule co número que lle corresponde.Fíxeno coa intención de que vos sexa máis doado atoparme nos enlaces de aula.Espero que vos axude!!
Agora imos movernos un pouco con estos xoguiños motrices:

1." A pinza":  xogo perceptivo-motriz no que un dos membros do xogo leva unha pinza da roupa e os demáis participantes teñen que imitar todos os movementos que faga o que ten a pinza(podemos imitar diferentes desprazamentos de animais dos que estivemos traballando nas aulas).Cando representemos 2 ou 3 animais, o que leva a pinza ten que pillar a outro participante para darlle a pinza e así  intercambiamos  roles e pasamos a imitar ao que leva  agora a pinza.
Podemos facer varias rondas.


Closeup imagen de pinzas para la ropa coloridas Foto gratis

2."A zapatilla": xogo de lanzamento con puntería.Precisamos unha zapatilla,unha pelota e unha tiza ou cordel para marcar un círculo ao redor da zapatilla(faremos as adaptacións necesarias na casa en función do material que teñamos, tamén podemos usar unha pequena alfombra,etc.).
 Deixovos a explicación do xogo neste enlace web:


3.Canción:" Lavar as mans"
Nestas datas imos lembrar que a hixiene corporal é básica para estar sans e na loita contra este coronavirus resulta fundamental.Así que cantando e dun xeito divertido fagamos tod@s esta actividade cotiá.


Nen@s, a coidarse!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...