APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

jueves, 26 de marzo de 2020

Bulebule4

Benvidos tod@s!!! Seguimos facendo actividade física e xogando na casa,así que aquí van as propostas de hoxe.

1."Sopra,sopra":(respiración) precisamos dun vaso de plástico e unha palliña.Podemos facelo individual ou unha carreira entre tod@s @s participantes.
Marcamos unha liña de partida e outra de chegada.Situámomos na saída,colocamos a palliña na boca e comezamos a soprar e soprar para empurrar o vaso ata que chegue á liña de meta.A ver quen o fai máis rápido!!



2."Birlos na casa": para xogar aos birlos(bolos en castelán) podemos facer bolos con varios obxectos que temos na casa(rolo interior do papel hixiénico, botellas vacías,...)-Colocamos 6 birlos facendo un triángulo e situámonos uns 4-5 metros alonxados dos mesmos.Dende aquí imos lanzar a pelota(se non temos,pode valer unha laranxa ou similar) e intentaremos tirar a maior cantidade de birlos posibles en 3 intentos.

Juego de bolos con juguetes para niños Foto de archivo - 82551143



3.Canción motriz:  "Cabeza, ombreiros, xeonllos e pés",




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...