APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

lunes, 16 de marzo de 2020

Benvidos tod@s ao blogue de educación física do C.R.A. de Bergondo!!

Desexo iniciar esta entrada no blogue cunha mensaxe de ánimo para tod@s @s que formades parte da nosa comunidade escolar coa finalidade de superar satisfactoriamente e canto antes esta emerxencia sanitaria.

Neste espazo iremos publicando ao longo destes días  unha serie de xogos e actividades de educación física para que o noso alumnado ,voluntariamente, poida seguir practicando e avanzando na súa aprendizaxe psicomotriz, suliñando que ditas actividades teremos que adaptalas as circunstancias persoais e de espazo que ten cada familia.Esta proposta procurará suxerir actividades sinxelas baseadas en xogos motrices(moitos deles relacionadas co tema do noso proxecto deste curso sobre os animais) que incidan no seu dominio e coñecemento do esquema corporal, nas habilidades e destrezas básicas,  en diferentes coordinacións ,equilibrio e no coñecemento e control do espazo e do tempo.Tamén temos que lembrar (moito máis nestas datas especiais) a importancia da hixiene e dunha dieta variada e san para aumentar as nosas defensas e conservar a saúde.

Rapazas e rapaces, comenzamos coa primeira proposta de xogos:

1.CARREIRA DE TARTARUGAS
- Material: unha almofada pequena para cada participante ou coxín ou bote de iogur,...
Delimitaremos un traxecto recto de carreira e situarémonos a catro patas(cuadrupedia), colocando unha almofada(coxín,iogur,...) na nosa espalda, como se fose a cuncha da tartaruga. Ao sinal de comezo, camiñaremos como tartarugas amodiño para non perder a cuncha.Se se nos cae  a cuncha , teremos que voltar ao punto de inicio para empezar de novo a carreira.Gañará o participante que chega antes coa súa cuncha.



           2.XIRAFAS E SAPOS:
-Imos xogar  e movernos como animais ben diferentes. Fixaremos unha liña de saída e outra de chegada.Cando demos o sinal, empezaremos a camiñar convertidos en xirafas(desprazámonos sobre a punta dos pés,cos brazos estirados cara arriba e co corpo e o pescozo ben estirado)ata chegar á liña de meta.Cando o logremos, cambiamos de animal e pasaremos a ser sapos moi simpáticos.Camiñaremos agachados, cos xeonllos flexionados e saltando durante todo o percorrido como se fosemos sapos.A ver quen chega antes!!!

                                                                                                                                                                                                                                                                                            
                                                                                                                                
           


       3."O RABO DO RAPOSO":

-Material: un pano ou cordel.
Un dos participantes coloca o pano na parte posterior da cintura como se fose o rabo dun rapos@ e os demáis participantes intentarán pillarlle o rabo. @ rapos@  desprazarase de formas diferentes para evitar que o logren. O que consiga quitarlle o rabo, pasará  entón a ser @ nov@ rapos@.


         





         4.CANCIÓN PARA BAILAR EN FAMILIA: " O
        BAILE DO MOVEMENTO"
  Para mover todo o noso corpo coordinadamente e pasalo fenomenal, veremos e bailaremos esta marchosa canción, que ao noso alumnado xa lles soa das nosas clases.
 Este é o enlace web:baile del movimiento
       

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...