Benvid@s de novo,nen@s!!Hoxe celebramos o Día Internacional do Medio Ambiente e temos que lembrar que sempre debemos coidar o noso planeta e a contorna onde vivimos.
Na natureza podemos facer moitas actividades físicas cotiás,dende dar un paseo por un roteiro,trepar por unha árbore ou facer equilibrio nun tronco,lanzamento de pedras,..., ata pasear coa bici por un camiño.As posibilidades de desfrutar ao aire libre son infinitas.
Por iso as propostas de hoxe van encamiñadas ao contacto coa natureza que nos rodea.Desexo que vos gusten!!
1."Exploradores": neste xogo o primeiro que temos que facer é xuntar 5 obxectos da natureza(unha piña, unha pluma dun paxaro,unha folla, unha pedra,un pau,...Cousas da natureza que teñamos preto e sexan doadas de atopar).Despois, ensinarémosllas aos participantes do xogo e pedirémoslles que atopen ditos obxectos no menor tempo posible ou nun tempo que lle marquemos.
A ver quen é un bo explorador na natureza!!
2."Carreira de árbores": nesta actividade motriz coñeceremos un pouquiño da nosa vexetación e moveremos o corpo.
Daremos o nome dunhas árbores coñecidas da nosa contorna e que se encontren no camiño polo que imos paseando ou nas nosas fincas (piñeiro,eucalipto,carballo,...). Despois, dirémoslle como son as súas características,ensinándolles: as follas, os froitos,a cortiza,etc.
Logo,diremos o nome dunha desas 3 árbores que están no camiño polo que imos e terán que atopar dita árbore e tocala, repetindo o seu nome.
3."Brincando na natureza": imos precisar unhas pedras pequenas, uns paus e unhas follas.Con estos materiais da natureza imos facer un circuito de ida e volta no campo.
Sinalaremos un punto de partida e faremos un sinxelo circuito(podes ser recto ou en zig-zag),onde deberán saír correndo e saltar por riba das pedras e dos paus que lle colocamos no chan, ata chegar a un manoxo de follas.Alí terán que coller unha das follas e traela de volta ata onde empezaron.Cando cheguen, deixarana no chan e sairán á procura doutra folla e así, ata conseguir traer de volta todas as follas que lle deixamos no final do circuito.A ver quen o fai no menor tempo posible.
A xogar e brincar!!
Bo fin de semana!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario