Que tal nos atopamos,nen@s? Desexo que tod@s vos encontredes ben.Aquí tedes as novas propostas motrices para hoxe,que veñen a reforzar e repasar o desenvolvemento das nosas habilidades e destrezas básicas e a nosa coordinación.
Ánimo!!
1."Imitamos animais": neste xogo imos convertirnos en distintos animais e os demáis participantes que nos ven,teñen que adiviñar que animal somos.Algúns xa os coñecedes das clases de educación física e outros son moi fáciles de imitar.Fixádevos no video e xa veredes que ben o ides pasar.
2."A conquista do castelo": aquí só necesitamos unhas chapas de refrescos,unha caixa(castelo) a que lle faremos un burato(porta do castelo) e unhas caixas de ovos(usaremos a parte interna e pegarémolas na parte superior da caixa( serán as torres do castelo).
O xogo consiste en ir lanzando chapas ao castelo,dende 1-2m.(podemos ir variando),ata conseguir 20 puntos e así,conquistar o castelo.Se lanzamos ás torres do castelo , dependendo da zona onde caia a chapa(que marcaremos con distintas cores),sumaremos 2,3 ou 4 puntos.No caso de que o lanzamento sexa á porta do castelo e consigamos meter a chapa pola porta,obteremos 5 puntos.Deste xeito, iremos sumando ata que teñamos os 20 puntos para conquistar o noso castelo.
Neste imaxe observaredes como queda o castelo ao que temos que lanzar as chapas.
A ver como nos sae!! Hai que ter puntería!!
A pasalo ben!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario