APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

martes, 16 de junio de 2020

Bulebule 54

Benvid@s de novo,nen@s!!Continuamos movéndonos un pouquiño nesta derradeira semana.Espero que vos gusten as propostas motrices de hoxe,que van encamiñadas a desenvolver a coordinación visomotriz.

1."Paso e pillo": nesta actividade imos practicar unha serie de xogos de pases e recepcións con pelota para exercitar a coordinación óculo-manual e as nosas habilidades e destrezas básicas.Mirade o video con atención e realizade os xogos que vos propón.A pasalo ben!!
A ver como vos sae!!



2."Pelota tocada": neste xogo só precisamos uns cordeis(ou cables) e unha pelota que ataremos a ese cordel ou cable.
Teremos que intentar darlle coas mans ou cos pés a dita pelota ou esquivala cando se poña en movemento.Debemos estar moi atentos para coordinar os movementos e atinar cos toques á pelota ou esquivala para quen non nos dé.No seguinte video explicativo veredes como se xoga.
Ánimo, a ver esa coordinación e vista!!



A moverse!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...