APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

lunes, 15 de junio de 2020

Bulebule 53

Bo día,chic@s!! Entramos na derradeira semana do curso e imos propoñervos uns xogos motrices para seguir movendo un pouco o corpiño.

1.-"Pelotas inquedas": neste xogo necesitamos unhas pelotiñas pequenas que boten(poden ser de tenis,saltarinas,...), unha botella de plástico cortada pola metade e un cubo ou caixa para depositar as pelotas que se vaian pillando.
O xogo consiste en ir atrapando todas as pelotas que nos vaian mandando en diferentes traxectorias.Unhas veces rodando polo chan, outras dando un bote e outras polo aire,como se fose un pase.
Neste video explicativo vedes como se xoga.Seguro que vos divertides moito!!A ver quen pilla máis pelotas!!




2."Circuito psicomotriz con material alternativo": aquí tedes un circuito psicomotriz sinxelo con material reciclado e alternativo, que podemos atopar en todas as casas.Consta de 8 xogos,pero podedes escoller os que máis vos gusten para practicar nas vosas casas.No seguinte video aparecen todos os xogos do circuito.Veredes que ben se pasa!!
A xogar!!




Desfrutade movéndovos!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...