Ola,chic@s!! Aquí vos deixo as propostas de hoxe para mover o corpiño e divertirse.
1."Twister caseiro": só necesitamos uns folios,a plantilla(debuxo) das mans e a dos pés,ceras para colorear e algo de cinta adhesiva para pegar cada folla no chan.Seguide a secuencia que ides ver no video explicativo.
Teremos que facer o percorrido que se nos marca coas follas no chan ata o final.Fixarémonos onde hai que apoiar os dous pés ou un e tamén o lugar onde colocaremos cada man.Se nos equivocamos,voltamos a empezar.
Mirade o video con calma e saberedes xogar moi ben.Podedes engadir unha canción para acompañarvos.
A ver que tal nos sae!!
2."Pequenas loucuras": divertido xogo motriz que nos permite desenvolver habilidades e destrezas básicas e coordinación con material reciclado.
Só precisamos unhas bolsas de plástico pequenas,unha bandexa pequena de poliespán(plástico),unha botella baleira de plástico,unhas pelotiñas de papel,un cubo,rolos de papel hixiénico , unha espátula de madeira para cociñar(pode servir outro utensilio de cociña con forma similar) e un cesto.
No seguinte video descubriredes estas sorprendentes actividades motrices.
Espero que desfrutedes moito!!
A moverse!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario