Ola, nen@s!! Que tal vamos? Espero que cada vez mellor !! Aínda que temos que lembrar non baixar a garda e seguir: coidándonos, cumprindo as normas de seguridade,facendo unha alimentación saudable e variada e movendo o noso corpiño.
A ver que tal saen os xogos motrices que vos propoño hoxe:
1"O globo movedizo":precisamos uns globos, unha cinta ou cordel para atalos e unha gorra.
O xogo consiste en atar ,primeiro, un globo á nosa gorra e intentar darlle toques coas mans e logo,cos xeonllos.
Despois , aumentaremos a dificultade atando dous globos á mesma distancia e repetir os toques.
Ao final, atamos un globo a máis distancia que o outro para golpear un coa man e outro co pé. Neste video vedes claramente como se xoga.
Desfrutade!! A ver cantos toques somos capaces de darlle!!
2."Ruleta de animais": só necesitamos unhas tarxetas con debuxos dos animais que máis nos gusten(teñen que desprazarse de formas diferentes) e unha botella para facer de agulla da ruleta.
Colocamos as tarxetas en círculo e xiramos a botella.Cando pare, sinalará un animal.Miraremos quen foi o afortunado que saiu e teremos que imitar os seus movementos durante 2 voltas.Logo, xiraremos de novo a botella e a ver onde se para.Aquí tedes unha sinxela explicación do xogo.
A moverse,chic@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario