Como nos atopamos hoxe? Espero que tod@s e as vosas familias vos encontredes ben. Déixovos unha nova proposta para poder moverse un pouquiño.
1."Unha viaxe á lúa"(conto motor): neste conto motor imos desprazarnos de formas diferentes seguindo a historia do conto e facendo as adaptacións necesarias.Por exemplo, para subir á árbore en lugar de gabear por espaldeiras,farémolo polo sofá do salón ou no sitio dos ariños,colocamos pratos de plástico.
Fixádevos nas instrucións e veredes que ben o pasades dramatizando este conto.
2."Xogo da ra": xogo tradicional para o que precisamos unha caixa ,tesoiras e uns rotuladores para pintar a silueta e boca da ra.
O xogo consiste en colocar a ra(debuxada na caixa coa boca aberta e recortada) a unha distancia de 2 m. aproximadamente(podemos ir variando as distancias para adaptar a dificultade) e lanzar pelotas(poden ser bolas de papel) con puntería para que entren na boca da ra.
A ver quen ten máis acertos!!
Pasadeo ben !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario