Benvid@s de novo!!Hoxe propoñemos dous xogos motrices moi divertidos e fáciles para facer na casa.
Ánimo!!
1."A limpar a casa": usaremos só boliñas de papel e unha cinta adhesiva ou tiza para marcar o espazo de xogo.
Neste xogo temos que dividir o espazo en dúas partes iguais e intentar lanzar boliñas de papel ao campo contrario(limpar a nosa casa) e intentar que o outr@ participante non nos deixe boliñas no noso campo, para iso debemos apañalas rápido e devolverllas.
2."Roda,roda": precisamos algo que poida rodar(laranxa, limón,...) ,uns vasos de plástico, cinta adhesiva e unha mesa.
É un xogo de lanzamento con puntería.Lanzaremos con puntería o que teñamos para rodar, coa finalidade de conseguir que caia dentro dun vaso que estará pegado á beira da mesa.Nesta imaxe podedes observar como se xoga.
A ver esa coordinación e puntería!!
A moverse!! Seguir coidándovos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario