APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

martes, 26 de mayo de 2020

Bulebule 39

Ola de novo, chic@s!! Estas son as propostas motrices para hoxe.Desexo que desfrutedes con elas.

1."Alturas": neste xogo imos precisar coxíns,cubo baixiño(cubeta)posto no chan do revés e corda.
O xogo consiste en que un dos participantes ten que intentar pillar a algún dos outros xogadores, pero ditos xogadores teñen casas onde poden descansar e conseguir que non os pillen.Estas casas deben ter sempre algunha altura e temos que manter nelas algunha postura de equilibrio.Se nos situamos na corda ,colocarémonos na punta dos pés; se subimos a un coxín,estaremos de pé quedos e se nos poñemos enriba do cubo,manterémonos á pata coxa.
Cando non poidamos manter a posición ou nos pillen,cambiamos a persoa que ten que pillar.
A pasalo ben!!

Ilustración Vectorial Los Niños De La Pequeña Niña Saltando En Una ...
EL COJÍN DE AIRE LUMINOSO                 



      Red Pail Stock Photos - FreeImages.com
        

2."Pés quedos" (xogo de pilla  e lanzamentos adaptado): para esta actividade imos necesitar unha pelota(pode ser bolas de papel) e unhas tizas ou pinturas para facer un pequeno círculo no chan.Como sempre, adaptarémolo ás nosas circunstancias persoais e o espazo dispoñible.
Neste xogo o que comeza pandando colócase no centro dun círculo que debuxamos no chan e os demáis sitúanse dentro do círculo.Despois,este xogador do centro lanza a pelota ó aire e di o nome dun participante do xogo,mentras que o resto escapa o máis lonxe posible.O participante nomeado corre a pillala pelota antes de que bote no chan e cando o consiga,dirá: -"Pés quedos".Nese intre,todos frean e non se poden mover.O que ten a pelota dará 3 pasos ata o xogador que se atope máis cerca e lanzaralle a pelota.Se consigue darlle,o xogador tocado pasará a pandar no medio e se non o logra,volverá a empezar o xogo de novo.
Aquí vos deixo un pequeno video explicativo coas instruccións do xogo.
A ver quen escapa máis lonxe!!








A moverse!!






         






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...