APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

viernes, 8 de mayo de 2020

Bulebule 27

Benvid@s, rapaces!! Vouvos facer unha proposta divertida con dúas actividades interesantes. Na primeira imos convertir o sofá da nosa casa nun táboa de surf e na segunda aprenderemos unha técnica de relaxación e respiración  baseada no mindfulness( que consiste en centrar a nosa atención nun pensamento ou obxecto para percibir o noso corpo,relaxarnos,concentrarse e meditar).

A ver como nos saen!! Ánimo!!

1."O sofá flotante": o sofá convértese en táboa de surf sobre a auga do mar. Para empezar ,desprazarémonos andando pola casa como se paseásemos polas rúas do pobo ata chegar á praia(salón da casa).Ao chegar a área, botámonos a correr (polo salón da casa) pisando a area e tamén, podemos xirar nela(como unha croqueta no chan).Tede coidado!!A area  pode estar quente e quizáis hai que camiñar de puntillas un tramo. Despois de 3 voltas polo salón, metémonos na auga e tocamos ,primeiro, coas mans e logo, cos pés a nosa táboa de surf(sofá).Intentamos subir nela cun pé no chan e outro na táboa(sofá) e desprazámonos cara diante nesa posición , porque a táboa non está queda  na auga.
Por fin, damos un salto e conseguimos sentarnos sobre a táboa(sofá).Poñémonos a catro patas sobre a táboa e camiñamos, intentando manter o equilibrio para non caer ao mar, porque a táboa segue movéndose coas ondas.Como as ondas veñen con forza, non nos deixan avanzar cara diante.Entón, colocámonos atravesados sobre a táboa e facemos os movementos con brazos e pernas de nadar, para ver se podemos achegarnos lateralmente ata outras táboas duns compañeir@s.
Buff!! Como cansa isto de nadar!! Ímonos deitar na táboa boca arriba e soltamos un pouco os músculos das pernas facendo o xesto de pedalear.A continuación, intentaremos poñernos de pé e manter o equilibrio sobre a táboa e procuramos tocar coa punta dos dedos a táboa ,inclinándonos cara diante. Menudo equilibrio!! Fenomenal!!
De súpeto, unha onda fainos perder o equilibrio e dun salto caemos ao mar(chan ou alfombra).Como xa estamos un pouco cansos, poñémonos a nadar(corremos movendo os brazos como se estivésemos nadando) ata chegar á praia(3 voltas correndo polo mar do salón) e cando cheguemos, tumbámonos na area e descansamos, tomando un pouco o sol.
Bo esforzo, chic@s!!

Tabla de surf sobre agua limpia | Foto Gratis


2."Xogo das esponxas"(Mindfulness):
neste xogo imos aprender a tomar conciencia do noso corpo ,mellorar a atención, relaxarnos e controlar un pouco mellor a nosa respiración.Seguide con atención o video e repetide os movementos e accións que nos indican.Xa veredes como vos gusta!!










Gozade!! Coidarse!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...