Bo día,nen@s!! Hoxe como xa vos comentou algunha titora é o "Día mundial do xogo". Esta actividade que utilizamos cada día nas nosas clases para aprender dun xeito ameno e motivador.Entón, as propostas de hoxe van encamiñadas a facer unha pequena homenaxe aos xogos populares e tradicionais de sempre.
Espero que os practiquedes sempre que poidades e desfrutedes moito con eles.
1."A mariola(rayuela)": só precisamos unha pedra e unhas tizas ou cinta adhesiva para marcar os rectángulos no chan e o semicírculo do final. Despois,debuxamos os dez números dentro de cada unha das cuadrículas e nalgúns lugares ,en vez do número dez,escriben a palabra ceo.
O xogo consiste en lanzar a pedra a cada cuadrícula,empezando pola do número 1 e facer o percorrido de ida e volta ata o final,saltando á pata coxa ou cos dous pés se pasamos por unha cuadrícula dobre, seguindo o debuxo no chan do xogo.Se a pedra non nos cae dentro da cuadrícula que nos toca,pisamos as raias de separación ou perdemos o equilibrio,pasamos o turno ao seguinte xogador.
Gaña o que consiga facer antes todo o percorrido pasando a pedra de cuadrícula en cuadrícula por orde ata o final no número dez ou na palabra ceo.
Déixovos un vídeo do xogo para que lembredes como se practica.Se a algún lle resulta moi difícil,podemos adaptalo saltando cos dous pés xuntos en cada cuadrícula que non sexan dobre.
Ánimo!! Ollo onde pisades!!
2."Escondite inglés": neste xogo non necesitamos ningún material.
Un xogador colócase mirando cara a parede e o resto de xogadores sitúanse detrás a unha distancia de 5 metros.O participante que mira a parede dira:-"Un, dous, tres, escondite inglés"(retrouso). O resto aproveitará para achegarse a el,mentras que recita este lema.Cando dito xogador remata esta frase,dá a volta e o resto ten que permanecer quedo.Se o que panda ve a alguén moverse, este participante ten que voltar ao punto de partida. O obxectivo é chegar ata a parede, sen que nos vexan en movemento. O primeiro que o logre,pasa a ocupar o posto do que pandaba na parede.
No video explícase este xogo e, neste caso, chámanlle "palito inglés".
Que non vos vexan en movemento!!
3."Carreira de sacos": necesitamos tantos sacos ou bolsas grandes como xogadores participantes.
O xogo consiste en meterse dentro do saco,agarralo coas dúas mans ata a altura da cintura e cando se dé un sinal de saída,desprazarse saltando co saco ata chegar a unha liña de meta marcada no chan.Gaña o primeiro en lograr cruzar dita liña de meta.Aquí tedes un pequeno video para ver como se xoga.
A ver quen chega antes!!
A DIVERTIRSE MOITO!!🏃🏀
No hay comentarios:
Publicar un comentario