APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

miércoles, 27 de mayo de 2020

Bulebule 40

Benvidos de novo,nen@s.Con este bo tempo e a eliminación de horarios para pasear e facer deporte,xa podemos movernos con máis facilidade e non temos que estar pendentes dos reloxos.Que boa nova!!
A ver se vos animades coas propostas de xogos motores para hoxe.

1."O pisotón": para este xogo imos precisar dúas bolas de plastilina de diferente cor,unha tea ou plástico para o chan e dúas ceras(poden ser bolígrafos, gomets,rotulador) da mesma cor que as bolas de plastilina).
Para empezar colleremos a plastilina e iremos facendo varias boliñas pequenas de cada cor.Estas boliñas colocarémolas sobre unha tea ou plástico que cubra o chan.
Despois, debuxaremos unha cruz en cada pé(que sexa fácil de borrar,por iso propoñemos ceras ou gomets).Por exemplo,se as bolas de plastilina son azuis e vermellas, no pé dereito faremos unha cruz vermella e no esquerdo unha azul.
O xogo consiste en intentar aplastar con cada pé  todas as bolas de plastilina que teñan a mesma cor que a cruz debuxada nese pé.Podemos ir dando orientacións, asociando dereito coa cor azul e esquerdo coa vermella e facer variantes(alternar dereito con esquerdo para traballar  a lateralidade).Déixovos unha imaxe como demostración.Non fagades caso das cores da plastilina que aparecen,porque é unha versión diferente do xogo.
A ver esos pisotóns!!



2."Ping pong caseiro": precisamos unha pelota de ping pong ou unha pelota pequena que bote(bailarina) e uns pratos fondos ou cuncas.
O xogo consiste en lanzar a pelota para que dé un bote e caia dentro do prato ou cunca.Podemos poñer varios pratos e darlle unha puntuación.Se conseguimos que a pelota caia no prato máis alonxado,maior puntuación.Aquí tedes un video explicativo do xogo.
A pasalo ben!!




Desfrutade e coidádevos!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...