Ola, nen@s!! Que tal de fin de semana? Espero que o pasárades moi ben con toda a familia.
Imos comezar a semana movéndonos un pouco.
Ánimo!!
1."O aeroporto": precisamos unhas follas de papel para facer avións.
O xogo consiste en lanzar avións de papel e temos que ir a por eles antes de que caian no chan.Hai que pillalos antes de que aterricen.Se non o pillamos a tempo, o avión xa aterrizou e temos que volver andando agachados pola pista de aterraxe ata o punto de saída.
A ver cantos avións atrapamos con velocidade!!

2."O coello saltarín": necesitamos uns trozos de cartón ou folios(para debuxar as cenorias) e un cubo.
Convertirémonos en coelliños que terán que ir apañando todas as cenorias que atopen repartidas polo chan.Cada vez que consigan unha cenoria, deberán levala ata o cubo(cesto) da súa tobeira(refuxio).Sempre nos desprazaremos a saltos como os coellos.
A ver quen consiga máis cenorias no mesmo tempo ou quen tarda menos en apañalas todas.
Bulebule!!
A moverse!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario