Que tal estamos,nen@s? Espero que tod@s vos atopedes ben. Hoxe vouvos propoñer unha actividade motriz máis movida e outra un pouquiño máis tranquila.
Espero que vos gusten.
1.Coreografía "Dance Monkey": imos movernos ao ritmo desta canción, seguindo a coreografía do video de xeito coordinado.
A bailar!! A ver como sae!! Ánimo!!
2."Arnold,a formiga" (un conto motor baseado no ioga para nen@s): aquí vos deixo un precioso conto motor no que ides vivir unha fermosa aventura.Lembrádevos de respirar tranquilamente,inspirando polo nariz e expirando pola boca suavemente,cando vos poñades a soñar con Arnold.Fixádevos nas posturas do video ,para reproducilas co conto.
Desfrutade!!
Bo fin de semana para tod@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario