🏃🏃🏃Como estamos,rapaces?Espero que tod@s vos atopedes ben.Estas son as actividades motrices para hoxe.
1." A mosca": (xogo de pilla)entre os participantes do xogo,escollemos o nen@ que fará de mosca inicial.Cando lle digamos:
"-Mosca,onde estás?"
A mosca intentará pillarnos,tocándonos coa punta do dedo nunha parte do corpo e diranos onde nos picou.Teremos que correr coa man na parte do corpo onde recibimos o picotazo e volvemos a escapar.
Se nos pican de novo, cambiamos a man e poñémola na parte afectada.
Cando a mosca pique a alguén 3 veces,cambiamos os roles e o que fai de mosca fuxe, para que o pillado pase a ser a nova mosca.
Fuxide!!
2."Escaleira de cores": neste xogo motriz precisamos unha corda ou cordel,cintas(teas ou papeis) de cores e unhas sillas para manter a corda estirada e amarrada.
Teremos que tocar coa punta dos pés unhas cintas de cores penduradas dunha corda que está suxeita nunhas sillas ,seguindo unha secuencia(por exemplo: rosa,verde,amarelo,azul).
Podemos aplicar variantes: alternar con cada pé a cinta que tocamos,cambiar secuencias ou ritmo,lanzar un obxecto para facer puntería nunha cinta dunha cor determinada,...
A pasalo ben!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario