Ola, de novo a tod@s!! Hoxe vouvos propoñer un circuito psicomotriz baseado no equilibrio, que, como sempre, debemos adaptar: ás nosas posibilidades ,ao espazo e aos recursos da nosa casa.Podedes repartir os xogos que aparecen en dous días.
Seguro que o ides pasar ben!! Imos aló!!
1. Circuito psicomotriz de equilibrio: neste circuito precisamos rolos de papel hixiénico, mandarinas ou laranxas pequenas, pinzas da roupa ,unha culler e cinta adhesiva ou tiza para marcar unha liña no chan.
O quecemento que aparece no video ímolo sustituir por uns desprazamentos pola casa cambiando de ritmo(lento e rápido) e tamén eliminaremos o reto final que nos plantexan no video,xa que non se axusta ás nosas características e podemos levar un croque.
Mirade o video con atención e seguide as instrucións que aparecen.Escollede os xogos que máis vos gusten para empezar e ,se queredes, podedes repartir as actividades en dous días,porque temos varias para elixir.Non vos esquezades de que podedes adaptalo sempre con variantes, priorizando a seguridade.
A disfrutar do equilibrio!!
Disfrutade e coidádevos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario