Ola,chic@s!!Espero que sigades ben!!
Hoxe vouvos propoñer un xoguiño de velocidade de reacción e outro de habilidades,equilibrio e coordinación.
1."Conxelados": imos movernos pola casa ao ritmo dunha canción que nos guste moito e cando nos digan "conxelados",quedamos parados no sitio, ,mantendo a posición que queiramos durante 5 segundos. Logo, continuamos bailando a canción ata que nos digan outra vez a palabra "conxelados" e teñamos que quedar quietiños.Así, ata o final da canción.
A ver quen mantén mellor a posición conxelado ("sen moverse"), cando nos toque!!


2."Pasar o río": precisamos 2 coxíns ou folla de xornal e limitar o espazo do río cunha cinta ou marca no chan.
Neste xogo imos cruzar "o río" trazado na nosa casa, pero para atravesalo só dispoñemos de dúas "pedras"(coxíns), que temos que ir movendo de unha en unha para poder avanzar e chegar ata a outra beira do río no menor tempo posible.Primeiro, colocamos unha pedra(coxín ou folla de xornal)no chan, subimos enriba e, despois, poñemos diante a seguinte "pedra" no río para situarnos de pé sobre ela.Para seguir,pillamos a que quedou detrás e pasámola para diante e ,deste xeito, avanzamos paso a paso.
A ver quen o atravesa máis rápido!!
Desfrutade!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario