Bo día,querid@s nen@s!! A proposta de hoxe vai completar a que vos fixen onte,xa que no circuito había varios xogos que se podían repartir en dúas sesións.
Entón, faremos uns xoguiños de psicomotricidade fina,desenvolvendo a técnica da pinza e a coordinación óculo-manual.
Ánimo!! A divertirse!!
1."Xogos de psicomotricidade fina na casa": escollede 2 ou 3 xogos que máis vos gusten dos que se amosan no video. Se non temos algún tipo de material,adaptámonos ao que teñamos na casa(exemplos: empregar palliñas no sitio de limpapipas ou en vez de boliñas de poliestireno, usamos garavanzos).No video explícase moi ben cada xogo.
A ver como vos saen!!
Coidádevos moito!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario