Benvid@s,meus querid@s alumn@s!! Déixovos unha nova proposta de xogos motrices para esta ponte festiva e aproveito a ocasión, para desexarvos a tod@s un feliz día da nai.
Pasádeo ben!!
1."Comepipas": neste xogo de motricidade fina precisamos: unhas pinzas da roupa,unhas pipas(poden ser unhas palliñas cortadas en trozos,garavanzos,fabas,...)e un bote.
O xogo consiste en ir atrapando coa pinza as pipas(ou o que botemos na mesa) o máis rápido que poidamos e metelas dentro dun bote, ata que non quede nada na mesa.A ver quen pilla máis cantidade?(Variante: podemos mandarlle coller só as palliñas que teñen a mesma cor que a nosa pinza).Adaptámolo sempre as nosas circunstancias e aos materiais que temos na casa.
Los más pequeños pueden desarrollar la motricidad fina y el trabajo de pinza con los dedos a través de este sencillo juego.
2."Toca-toca": xogo de velocidade de reacción, onde só necesitamos cartolina de cores(folios pintados),cinta para pegar,tesoiras e algo para facer círculos de distinto tamaño(vaso,prato,...).No seguinte video explícase con claridade como se xoga.Seguro que vos gusta!!!
3.Coreografía:"Madre tierra".
Para rematar, déixovos unha sinxela coreografía da canción "Madre tierra".Tedes que bailar este tema coordinadamente,seguindo o ritmo e os movementos deste video. Ánimo!!
A bailar!!
Disfrutade destes días en familia e non vos esquezades de moverse!!
Parabéns a todas as mamis!!
Seguide coidándovos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario