APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

viernes, 24 de abril de 2020

Bulebule 19

Como estades, rapaciñ@s? Espero que ben e con moito ánimo.Este domingo xa podedes estirar as pernas un pouquiño ,así que temos que aproveitar para movernos máis libremente.Que se vexan es@s bulebules!!
Aquí vos deixo os xogos motores de hoxe:


1."Lanzamento de xavelina"(jabalina) :   este  era  un dos deportes que se ían practicar neste ano nos Xogos Olímpicos. Como xa sabedes , tiveron que aprazarse ata o ano que vén. Nós imos rendirlle unha pequena homenaxe a ditos xogos olímpicos, practicando algúns dos deportes participantes, pero adaptados as nosas características e o material que temos na casa.
Precisamos só uns pratos e unhas palliñas. O xogo consiste en lanzar as palliñas dende unha liña marcada no chan e intentar que caian dentro dun dos pratos.Canto máis lonxe se atope o prato onde caeu a palliña,máis puntuación obtemos.(O sistema de puntos é libre, podemos establecer os números que máis coñecemos ou os que máis nos gusten)
A divertirse, olímpic@s!!  A ver quen gaña!!


2.Coreografía da canción:"Gangnam style". Aquí tedes unha canción moi marchosa, que espero que vos guste.Hai que moverse coordinadamente, seguindo os pasos que aparecen no video. A bailar!!


Ánimo e coidádevos!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...