Arriba ese ánimo e bo día a tod@s!!! Aquí van as propostas de xogos motrices e divertidos na casa:
1."Misión imposible": necesitaremos cinta adhesiva(podemos usar tiras de papel hixiénico, cordas, trozos de tea ou cartolina,...) e cinta carroceira,adhesiva ou plastilina para fixar as tiras en cada extremo.O xogo consiste en atravesar un corredor cheo de cintas(raios laser) sen quedar atrapado no medio e procurando non tocar cada cinta que atopemos,imitando así esceas desta famosa película. Deixovos un video onde se explica brevemente como se xoga.
2."Minigolf caseiro": reciclando material de refugallo(caixas de cartón,latas,..) podemos construír o noso propio minigolf. O xogos consiste en golpear cun pau unha pequena pelota(pode ser un tapón,pelota,..) para que poida entrar dentro dun burato(lata,caixa) e salvando os obstáculos que lle poñamos no percorrido.
Neste enlace web atoparedes como facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario