Ola, de novo,nen@s!!Espero que tod@s sigades ben.Hoxe propóñovos dous xogos motores divertidos.No primeiro continuaremos co apartado adicado a deportes dos xogos olímpicos(adaptado como sempre) e na segunda proposta faremos un mix de :actividades de pilla,habilidades e destrezas básicas e xogos de lanzamentos.Espero que vos gusten !!
1."Tenis globo": precisamos uns pratos de cartón,uns anacos de madeira ou depresores e uns globos.O xogo consiste en facer unhas raquetas( cos pratos e os paus) coas que imos golpear os globos como se xogásemos ao tenis,pasando o globo entre @s participantes .A ver se imitamos a Nadal ou a Garbiñe Muguruza(famos@s tenistas españois).
2.Mix de xogos caseiros: aquí vos deixo unha mistura de 3 xogos caseiros fáciles.Usaremos unha manta ou pano, unha garrafa grande de auga,un cordel,o pau da vasoira e bolas de papel. O primeiro xogo chámase " O cazapantasmas".É un xogo de pilla sinxelo.
No segundo teremos que saltar e xirar para conseguir botar fóra as boliñas de papel.Trátase dun xogo de habilidades e destrezas básicas.
No terceiro xogo faremos lanzamentos con puntería, pero adaptarémolo ao nivel dos participantes.Os máis pequenos terán que meter canastra nun cubo fixo,sen que se mova dun lado a outro.
Neste video atoparedes unha demostración completa:
A moverse!! Coidádevos tod@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario