APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

miércoles, 22 de abril de 2020

Bulebule17

Benvid@s de novo,nen@s!! Hoxe imos facer xogos con panos(material que sempre soemos ter nas nosas casas e que permite facer varios xogos motrices).Espero que disfrutedes moito e movades ese corpiño.

1."O pano xoguetón": cada participante terá un pano polo menos.Con este pano desprazarémonos de moitas maneiras polo espazo da nosa casa.Podemos: lanzalo ao aire e pillalo sen que caia; saltar por enriba do pano tirado no chan; facer un camiño de panos e atravesalo de diferentes maneiras; rodealo;bailar o pano cambiando de man;deixalo no chan seguindo diferentes direccións e sentarse enriba;...Que máis se nos ocurre? A ver quen o fai mellor.

 FICHERO ACTIVIDADES
2."A pita cega": adaptámolo o espazo que teñamos na casa e vixiamos  a seguridade no xogo. O nen@ que panda terá que tapar os ollos e intentar pillar a un dos demáis participantes(que se moverán en círculo ao seu redor),adiviñando despois quen é o pillado,tocándolle no seu pelo e corpo.Os demáis xogadores poden axudarlle dando pistas(móvete á dereita, á esquerda, uns pasos cara adiante, quente ou frío,...).Se acerta,cambiamos papeis e o pillado pasa a ser a nova pita cega.

La gallinita ciega

3."Camiño de rochas": cada xogador terá dous panos e deberá atravesar un río dunha beira á outra, pisando só dentro dos panos(rochas).Para poder avanzar hai que colocarse enriba dun pano e ir colocando o outro diante, para seguir movéndose ata conseguir chegar á meta,intercalando un e outro pano. Non se pode pisar fóra dos panos, porque mollamos os pés. Quen será o máis rápido en cruzar o río?
Art Manga: octubre 2009
Un conjunto de niño feliz en color, silueta y contorno ...              



Disfrutade  e coidádevos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...