Bo día a tod@s!!! Estamos nas portas das vacacións de Semana Santa e desexo que continuedes con moita forza e ánimo, para superar canto antes estos días difíciles. Aínda que son vacacións, podemos seguir en forma e pasándoo ben. Tedes a opción de escoller entre as diversas actividades motrices que vos fun propoñendo nestes días.Hoxe déixovos estas propostas:
1."Paseando polo bosque": ímonos convertir en exploradores e dar un paseo polo bosque, desprazándonos de diferentes formas.Empezamos camiñando amodo polo noso bosque(espazo que teñamos na casa delimitado).De súpeto, atopamos unha charca(saltamos cos dous pés),vemos un coello(movémonos saltando como fan eles),logo, encontrámonos con outra charca(saltamos cos pés xuntos).Seguimos andando e observamos nunhas pòlas uns simpáticos monos(desprazámonos brincando coma eles),xirámonos , volvemos cara atrás e fixámonos nunha bolboreta(poñémonos de puntillas e intentamos pillala). Agora temos diante un río, collemos carreiriña e saltamos.Oh! perdemos un zapato, temos que camiñar á pata coxa.Avanzamos e vemos unha apetitosa mazá, estirámonos e intentamos alcanzala.Xirámonos de novo e atopamos o zapato.Que alegría!!! Calzámonos e miramos a hora.Ui,Ui!! Xa é tarde, botamos unha carreira e saímos do bosque.
(Podemos escoller outros animais ou esceas do bosque e para facer charcas e ríos usaremos materiais que teñamos na casa como coxíns de diferentes tamaños,etc.).
A gozar!!!
2."O elefante": necesitamos unha media(panty),botellas de plástico pequenas e unha pelotiña (pode ser unha mandarina,cebola,...).
Collemos a media e introducimos dentro a pelota ou similar.Logo, poñemos a media na cabeza para convertirse na trompa dun elefante. O xogo consiste en colocarnos diante de varias botellas de plástico e intentar derribar coa nosa trompa a maior cantidade delas nun tempo determinado(2´). Aquí vos deixo un enlace web cunha foto e breve explicación. A ver esa puntería!!!
3.Coreografía:"O baile do corpo":
A moverse rítmicamente co noso corpo e pasalo ben,imitando esta coreografía que xa practicamos algo na clase.
Gozade das vacacións e mantédevos activos!!! Coidarse!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario