Bo día,nen@s!!! Hoxe imos propoñer uns xogos motrices amenos e cheos de movemento, para que o pasades ben e desenvolver a vosa psicomotricidade.
1."Xogo das figuras xeométricas": tedes que desprazarvos saltando cos pés xuntos sobre as figuras xeométricas debuxadas. Adaptarémolo ao noso espazo e lembrade que teredes que facer o percorrido tendo en conta a cor que nos saia ao comezo.Usaremos as formas xeométricas que queiramos.(A cor escollerémola lanzando un dado de cores ou collendo,por exemplo, un calcetín que leve unha das cores que teñamos no chan ou tapete.Admite xogar individualmente ou competindo entre varios participantes.Aquí vos deixo un video no que veredes as regras do xogo e descubriredes que ben o pasan:
2.Conto motor:" A ra Martina"
Teremos que seguir atentamente o conto e movernos imitando a todos os animais que van aparecendo nesta fermosa historia.
Disfrutade e seguir coidándovos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario