Bo día nen@s!! Feliz Día do Libro!! Hoxe como non podía ser doutra maneira, vouvos facer unha proposta de actividades de educación física relacionada con esta celebración.Imos movernos cun fermoso conto motor. Descubriredes, cando o escoitedes, valores tan importantes como :a solidariedade, amistade, valentía, diversidade, aceptación das diferenzas e veredes como debemos superar estereotipos creados. Desexo que o disfrutedes moito!!
Conto motor:"Os lobos que viñeron cear": neste videoconto teremos que prestar atención a todos os personaxes que van saíndo.Podemos dramatizalo en familia ou individualmente.
Desprazarémonos como se fósemos os animais protagonistas deste conto(hai que fixarse na forma de moverse que ten cada animal) e representaremos esta preciosa aventura, a medida que a imos escoitando.Veredes que sorpresa!!
FELIZ DÍA E A MOVERSE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario