Ola, querid@s nen@s!! Hoxe vouvos plantexar unha proposta algo diferente(ioga para nen@s), pero que nos axudará a tomar conciencia do noso corpo,movernos un pouquiño,relaxarnos e saber respirar mellor.Ademáis,como estamos na semana do día do libro,todo iso ímolo facer a través dun conto.
Veredes que ben o ides pasar!!
1."O conto das bolboretas":escoitade ben este fermoso conto e reproducide, tranquilamente ,os movementos de ioga relacionados co relato e cos personaxes do conto.Aquí vos deixo o video:
2."As pegatinas": xogo de pilla no que usaremos unhas pegatinas(poden ser gomets ou se non temos nada adhesivo, podemos tocar co noso dedo índice).O xogo consiste en intentar pillar aos demáis participantes, poñéndolles unha pegatina ou tocándolles coa punta do dedo índice.Cando consigamos pegarlle a pegatina,cambiamos de roles e os demáis terán que intentar pillarnos.
Fuxide!!
Seguide coidándovos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario