APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

miércoles, 1 de abril de 2020

Bulebule 8


Que tal imos? Espero que máis ou menos o vaiades levando ben.Ánimo chic@s, xa falta menos!!!
Hoxe imos divertirnos un pouquiño, ao mesmo tempo que practicamos e afianzamos as nosas habilidades e destrezas co movemento do corpo.
A moverse e disfrutar!!!

1."O hipódromo": precisamos un pao de vasoira(ou similar) que vai facer de cabalo e poñeremos algún obstáculo, que pode ser un coxín ou almofada.
A carreira de cabalos vai comezar. Situámonos nunha liña de saída,montamos enriba do noso cabalo(pao entre as pernas) e imos empezar recoñecendo pouco a pouco o percorrido.Faremos unha volta ao paso(despaciño), dúas voltas a ritmo lento(trote) e logo, daremos 5-6 a toda velocidade(galope), salvando os atrancos que atopemos. A ver quen chega antes á meta!!!(Tamén podemos facer unha manualidade,elaborando o noso propio cabalo para a carreira).



2."Non me caio": imos deseñar o noso propio circuito de equilibrio.Usaremos tetrabriks(cartóns de leite,botes de tomate),coxíns e unha manta. 
Crearemos un pequeno circuito de equilibrio cos materiais que teñamos na casa e iremos pasando de ponte en ponte en equilibrio, sen caerse.Se caemos volvemos ao punto de partida.As pontes farémolas poñendo en liña varios briks ou botes e tapando varios coxíns cunha manta. Imos ver quen é o mellor equilibrista.
(Podemos variar alturas e usar outros materiais da casa como as cubetas da foto).

Correde e pasadeo ben!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...