APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

lunes, 23 de marzo de 2020

Bulebule1


Ola de novo, querid@s nen@s!! Ánimo, un día menos para voltar a vernos!! 

Hoxe,luns,imos comezar a semana facendo xogos onde nos movemos e repasamos as partes do noso corpo e imos afianzando a nosa lateralidade.Empezamos xa!!


1."O espello": con este xogo de imitación  por parellas intentaremos reproducir o movemento que fai o nos@ compañeir@(nai,pai, irmáns,..) como se fosemos un espello no que se mira.Reproducimos todo tipo de movementos, xestos ou accións cotiás(lavarse, peitearse, abrir portas,....)

2."O crocodilo dormilón": escolledes un membro para facer de crocodilo, que se vai tumbar facendo o durmido e os demáis participantes do xogo moveranse ao redor deste crocodilo, cantando a canción que xa coñecedes do "crocodilo dormilón".Cando remate a canción o crocodilo espertará e intentará pillar a outr@ ,tocándolle nunha parte do corpo e facendo que o pillado pase a desempeñar o rol do crocodilo.

3."O botón do robot":  por parellas ou en pequeno grupo, un dos participantes pasa a ser robot e dille a alguén en segredo onde se atopa no seu corpo o botón que o fai parar. Os demáis participantes do xogo persiguen ao robot e vanlle tocando co dedo en diferentes partes do seu corpo ata que atinen coa parte onde está situado o botón de parada.Unha vez conseguido este obxectivo, intercambiamos os roles.

4. Canción motriz: " A forma de camiñar"
 Aquí deixo o enlace desta canción para imitar distintos desprazamentos propios de cada animal de forma divertida e motivadora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...