APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

jueves, 30 de abril de 2020

Bulebule 23

Benvid@s,meus querid@s alumn@s!! Déixovos unha nova proposta de xogos motrices para esta ponte festiva e aproveito a ocasión, para desexarvos a tod@s un feliz día da nai.
Pasádeo ben!!

1."Comepipas":  neste xogo de motricidade fina precisamos: unhas pinzas da roupa,unhas pipas(poden ser  unhas palliñas cortadas en trozos,garavanzos,fabas,...)e un bote.
O xogo consiste en ir atrapando coa pinza as pipas(ou o que botemos na mesa) o máis rápido que poidamos e metelas dentro dun bote, ata que non quede nada na mesa.A ver  quen pilla máis cantidade?(Variante: podemos mandarlle coller só as palliñas que teñen a mesma cor que a nosa pinza).Adaptámolo sempre as nosas circunstancias e aos materiais que temos na casa.

Los más pequeños pueden desarrollar la motricidad fina y el trabajo de pinza con los dedos a través de este sencillo juego. 
motricidad fina pinzas

2."Toca-toca": xogo de velocidade de reacción, onde só necesitamos cartolina de cores(folios pintados),cinta para pegar,tesoiras e algo para facer círculos de distinto tamaño(vaso,prato,...).No seguinte video explícase con claridade como se xoga.Seguro que vos gusta!!!



3.Coreografía:"Madre tierra".
Para rematar, déixovos unha sinxela coreografía da canción "Madre tierra".Tedes que bailar este tema coordinadamente,seguindo o ritmo e os movementos deste video. Ánimo!!
A bailar!!


Disfrutade destes días en familia e non vos esquezades de moverse!!
Parabéns a todas as mamis!! 
Seguide coidándovos!!



miércoles, 29 de abril de 2020

Bulebule 22


Ola, nen@s!!Hoxe imos plantexar dous xogos motores que espero que vos gusten moito.No primeiro teremos que practicar as nosas destrezas con velocidade,equilibrio e moita maña.
No segundo, faremos un xogo de ioga precioso con animais do mar.
Comenzamos!!!

1.-"O cubo cheo": necesitamos dous cubos ou recipientes de diferentes tamaños(un grande e  outro máis pequeno)que estarán separados a 4m.aproximadamente , unha vaso de plástico e auga (pode ser area, lentellas,etc.).
O xogo consiste en ir collendo auga(lentellas, area o que lle poñades)co vaso e levala correndo dende o cubo máis grande  ao máis pequeno, ata que consigamos encher dito cubo pequeno no menor tempo posible.Se nos cae o que levamos no vaso,temos que voltar a enchelo de novo.
A ver quen acaba antes este reto? Tede coidado de non esvarar.


Icono cubo, aguaNiño pequeño de dibujos animados con un vaso de leche dando pulgar Vector Premium  
Dibujo para colorear cuboFlecha Roja Curva Sf Png - Icon Mũi Tên Png (577x442), Png Descargar



2.Ioga para nen@s:"Os animais do mar: aquí vos deixo unha proposta de ioga para desenvolver o noso esquema corporal, a respiración e a relaxación.Seguide as posturas do video.
Disfrutade!!



Coidádevos moito!!


martes, 28 de abril de 2020

Bulebule 21

Benvidos,querid@s alumn@s!! Espero que xa vos animásedes a dar un paseiño,xogar coa pelota ou andar un pouquiño coa bici.Como se botaba de menos!!  Que ben senta!! Verdade? Agora, vouvos propoñer uns xogos motores para que sigades movéndovos e pasandoo ben.Ademáis,usaremos a reciclaxe.

1."Lanza aros ": usando pratos de cartón,un tubo de rolo de papel ou aluminio(se non dispoñemos do tubo,pode ser unha botella cun pouco de auga ) e un recipiente de natillas ou similar para suxeitar o tubo en vertical.Se non temos este recipiente, pegamos sobre un cartón o rolo ou empregamos unha botella estreita lastrada, como xa vos comentei antes.
O xogo consiste en facer uns aros cos pratos de cartón e lanzalos dende 2m.(podemos ir variando as distancias) para conseguir introducilos dentro do tubo. Neste video veredes como se poden elaborar e como se xoga. A ver quen lanza mellor!! Que puntería!!



2."Carreiras de sopros": necesitamos uns vasos de plástico, cadeiras e  fíos ou cordeis finos.
Neste xogo teremos que meter un vaso furado dentro dun fío e atar  cada extremo do fío a dúas cadeiras(unha será a saída e outra a meta). Poñeremos un fío por cada participante.Logo, sopraremos sobre os vasos para que vaian avanzando polo fío ata chegar dun extremo ata o outro(meta).O que primeiro o logre, será o máis rápido.
Veña, a soprar!! Quen será o máis veloz?



Ánimo!! A xogar e moverse!!





lunes, 27 de abril de 2020

Bulebule 20

Ola, de novo,nen@s!!Espero que tod@s sigades ben.Hoxe propóñovos  dous  xogos motores divertidos.No primeiro continuaremos co apartado adicado a deportes dos xogos olímpicos(adaptado como sempre) e na segunda proposta faremos un mix de :actividades de pilla,habilidades e destrezas básicas e  xogos de lanzamentos.Espero que vos gusten !!

1."Tenis globo": precisamos uns pratos de cartón,uns anacos de madeira ou depresores e uns globos.O xogo consiste en facer unhas raquetas( cos pratos e os paus) coas que imos golpear os globos como se xogásemos ao tenis,pasando o globo entre @s participantes .A ver se imitamos a Nadal ou a Garbiñe Muguruza(famos@s tenistas españois).

2.Mix de xogos caseiros: aquí vos deixo unha mistura de 3 xogos caseiros fáciles.Usaremos unha manta ou pano, unha garrafa grande de auga,un cordel,o pau da vasoira  e bolas de papel. O primeiro xogo chámase " O cazapantasmas".É un xogo de pilla sinxelo. 
No segundo teremos que saltar e xirar para conseguir botar fóra as boliñas de papel.Trátase dun xogo de habilidades e destrezas básicas.
No terceiro xogo faremos lanzamentos con puntería, pero adaptarémolo ao nivel dos participantes.Os máis pequenos terán que meter   canastra  nun cubo fixo,sen que se mova dun lado a outro.
Neste video atoparedes unha demostración completa:



A moverse!! Coidádevos tod@s!!


viernes, 24 de abril de 2020

Bulebule 19

Como estades, rapaciñ@s? Espero que ben e con moito ánimo.Este domingo xa podedes estirar as pernas un pouquiño ,así que temos que aproveitar para movernos máis libremente.Que se vexan es@s bulebules!!
Aquí vos deixo os xogos motores de hoxe:


1."Lanzamento de xavelina"(jabalina) :   este  era  un dos deportes que se ían practicar neste ano nos Xogos Olímpicos. Como xa sabedes , tiveron que aprazarse ata o ano que vén. Nós imos rendirlle unha pequena homenaxe a ditos xogos olímpicos, practicando algúns dos deportes participantes, pero adaptados as nosas características e o material que temos na casa.
Precisamos só uns pratos e unhas palliñas. O xogo consiste en lanzar as palliñas dende unha liña marcada no chan e intentar que caian dentro dun dos pratos.Canto máis lonxe se atope o prato onde caeu a palliña,máis puntuación obtemos.(O sistema de puntos é libre, podemos establecer os números que máis coñecemos ou os que máis nos gusten)
A divertirse, olímpic@s!!  A ver quen gaña!!


2.Coreografía da canción:"Gangnam style". Aquí tedes unha canción moi marchosa, que espero que vos guste.Hai que moverse coordinadamente, seguindo os pasos que aparecen no video. A bailar!!


Ánimo e coidádevos!!


 

jueves, 23 de abril de 2020

Bulebule18

Bo día nen@s!! Feliz Día do Libro!! Hoxe como non podía ser doutra maneira, vouvos facer unha proposta de actividades de educación física relacionada con esta celebración.Imos movernos cun fermoso   conto motor. Descubriredes, cando o escoitedes, valores tan importantes  como :a solidariedade, amistade, valentía, diversidade, aceptación das diferenzas e veredes como debemos superar estereotipos creados. Desexo que o disfrutedes moito!!

Conto motor:"Os lobos que viñeron cear": neste videoconto teremos que prestar atención a todos os personaxes que van saíndo.Podemos dramatizalo en familia ou individualmente.
  Desprazarémonos como se fósemos os animais protagonistas deste conto(hai que fixarse na forma de moverse que ten cada animal) e representaremos esta preciosa aventura, a medida que a imos escoitando.Veredes que sorpresa!!








FELIZ DÍA E A MOVERSE!!!

miércoles, 22 de abril de 2020

Bulebule17

Benvid@s de novo,nen@s!! Hoxe imos facer xogos con panos(material que sempre soemos ter nas nosas casas e que permite facer varios xogos motrices).Espero que disfrutedes moito e movades ese corpiño.

1."O pano xoguetón": cada participante terá un pano polo menos.Con este pano desprazarémonos de moitas maneiras polo espazo da nosa casa.Podemos: lanzalo ao aire e pillalo sen que caia; saltar por enriba do pano tirado no chan; facer un camiño de panos e atravesalo de diferentes maneiras; rodealo;bailar o pano cambiando de man;deixalo no chan seguindo diferentes direccións e sentarse enriba;...Que máis se nos ocurre? A ver quen o fai mellor.

 FICHERO ACTIVIDADES
2."A pita cega": adaptámolo o espazo que teñamos na casa e vixiamos  a seguridade no xogo. O nen@ que panda terá que tapar os ollos e intentar pillar a un dos demáis participantes(que se moverán en círculo ao seu redor),adiviñando despois quen é o pillado,tocándolle no seu pelo e corpo.Os demáis xogadores poden axudarlle dando pistas(móvete á dereita, á esquerda, uns pasos cara adiante, quente ou frío,...).Se acerta,cambiamos papeis e o pillado pasa a ser a nova pita cega.

La gallinita ciega

3."Camiño de rochas": cada xogador terá dous panos e deberá atravesar un río dunha beira á outra, pisando só dentro dos panos(rochas).Para poder avanzar hai que colocarse enriba dun pano e ir colocando o outro diante, para seguir movéndose ata conseguir chegar á meta,intercalando un e outro pano. Non se pode pisar fóra dos panos, porque mollamos os pés. Quen será o máis rápido en cruzar o río?
Art Manga: octubre 2009
Un conjunto de niño feliz en color, silueta y contorno ...              



Disfrutade  e coidádevos!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...