Benvid@s,de novo,chic@s!! Empezamos a semana con novos ánimos e imos comezar movendo un pouco o corpo.Estas son as propostas motrices de hoxe.
A por elas!!
1. "O rescate dos peluches":neste xogo precisaremos uns folios, un pouquiño de cinta adhesiva,uns rolos de papel de cociña ou hixiénico ,un trozo de lá ou cordel e uns bonecos de peluche.
O xogo consiste en intentar rescatar os peluches que están sobre a folla de papel.Para conseguilo,iremos enrolando o cordel ou lá no tubo ata conseguir arrastrar o peluche e que chegue ata a nosa posición. O primeiro que o logre será o gañador.
Aquí vos deixo un video,onde se explica sinxelamente como se xoga.
2."Caixas patinadoras":o material necesario son caixas de cartón de zapatos ou roupa e dúas botellas cun pouco de auga para marcar o percorrido.
Nesta actividade meteremos os pés dentro das caixas e irémonos movéndonos arrastrando ditas caixas polo chan,como se fosen patíns cos que nos deslizamos.Teremos que intentar dar a maior cantidade de voltas posibles nun 1 ou 2 minutos arredor das botellas que marcan os límites do circuito.Podemos cambiar cara diante e marcha atrás.
Neste video explicativo veredes claramente como se xoga.
Ola de novo,chic@s!! Xa estamos rematando a semana e con bo tempo, así que podemos aproveitalo para facer xogos e deportes ao aire libre. Que maravilla!!
Aquí vos deixo a proposta de actividades de hoxe.
Espero que vos gusten!!
1.Coreografía da canción : "Mundo de colores".Movédevos ao ritmo desta canción cunha sinxela coreografía.Seguro que o pasaredes ben. Ademáis,podemos aprender algunha palabriña en inglés,xa que polo medio da canción mándanos ir: á dereita(right), a esquerda(left),facelo unha vez(one) ou dúas(twice) e saltar(jump).Seguro que á profe Cova tamén lle gusta.
A ver ese baile e coordinación!!
2.Cuento motor adaptado:"Viaje al bosque encantado"(Ioga para niñ@s)
Nesta actividade faredes unha pequena viaxe a un estupendo bosque, relaxarédesvos un pouquiño controlando a respiración e bailaredes unha fermosa canción.
Bo día,nen@s!! Hoxe como xa vos comentou algunha titora é o "Día mundial do xogo". Esta actividade que utilizamos cada día nas nosas clases para aprender dun xeito ameno e motivador.Entón, as propostas de hoxe van encamiñadas a facer unha pequena homenaxe aos xogos populares e tradicionais de sempre.
Espero que os practiquedes sempre que poidades e desfrutedes moito con eles.
1."A mariola(rayuela)":só precisamos unha pedra e unhas tizas ou cinta adhesiva para marcar os rectángulos no chan e o semicírculo do final. Despois,debuxamos os dez números dentro de cada unha das cuadrículas e nalgúns lugares ,en vez do número dez,escriben a palabra ceo.
O xogo consiste en lanzar a pedra a cada cuadrícula,empezando pola do número 1 e facer o percorrido de ida e volta ata o final,saltando á pata coxa ou cos dous pés se pasamos por unha cuadrícula dobre, seguindo o debuxo no chan do xogo.Se a pedra non nos cae dentro da cuadrícula que nos toca,pisamos as raias de separación ou perdemos o equilibrio,pasamos o turno ao seguinte xogador.
Gaña o que consiga facer antes todo o percorrido pasando a pedra de cuadrícula en cuadrícula por orde ata o final no número dez ou na palabra ceo.
Déixovos un vídeo do xogo para que lembredes como se practica.Se a algún lle resulta moi difícil,podemos adaptalo saltando cos dous pés xuntos en cada cuadrícula que non sexan dobre.
Ánimo!! Ollo onde pisades!!
2."Escondite inglés":neste xogo non necesitamos ningún material.
Un xogador colócase mirando cara a parede e o resto de xogadores sitúanse detrás a unha distancia de 5 metros.O participante que mira a parede dira:-"Un, dous, tres, escondite inglés"(retrouso). O resto aproveitará para achegarse a el,mentras que recita este lema.Cando dito xogador remata esta frase,dá a volta e o resto ten que permanecer quedo.Se o que panda ve a alguén moverse, este participante ten que voltar ao punto de partida. O obxectivo é chegar ata a parede, sen que nos vexan en movemento. O primeiro que o logre,pasa a ocupar o posto do que pandaba na parede.
No video explícase este xogo e, neste caso, chámanlle "palito inglés".
Que non vos vexan en movemento!!
3."Carreira de sacos":necesitamos tantos sacos ou bolsas grandes como xogadores participantes.
O xogo consiste en meterse dentro do saco,agarralo coas dúas mans ata a altura da cintura e cando se dé un sinal de saída,desprazarse saltando co saco ata chegar a unha liña de meta marcada no chan.Gaña o primeiro en lograr cruzar dita liña de meta.Aquí tedes un pequeno video para ver como se xoga.
Benvidos de novo,nen@s.Con este bo tempo e a eliminación de horarios para pasear e facer deporte,xa podemos movernos con máis facilidade e non temos que estar pendentes dos reloxos.Que boa nova!!
A ver se vos animades coas propostas de xogos motores para hoxe.
1."O pisotón":para este xogo imos precisar dúas bolas de plastilina de diferente cor,unha tea ou plástico para o chan e dúas ceras(poden ser bolígrafos, gomets,rotulador) da mesma cor que as bolas de plastilina).
Para empezar colleremos a plastilina e iremos facendo varias boliñas pequenas de cada cor.Estas boliñas colocarémolas sobre unha tea ou plástico que cubra o chan.
Despois, debuxaremos unha cruz en cada pé(que sexa fácil de borrar,por iso propoñemos ceras ou gomets).Por exemplo,se as bolas de plastilina son azuis e vermellas, no pé dereito faremos unha cruz vermella e no esquerdo unha azul.
O xogo consiste en intentar aplastar con cada pé todas as bolas de plastilina que teñan a mesma cor que a cruz debuxada nese pé.Podemos ir dando orientacións, asociando dereito coa cor azul e esquerdo coa vermella e facer variantes(alternar dereito con esquerdo para traballar a lateralidade).Déixovos unha imaxe como demostración.Non fagades caso das cores da plastilina que aparecen,porque é unha versión diferente do xogo.
A ver esos pisotóns!!
2."Ping pong caseiro":precisamos unha pelota de ping pong ou unha pelota pequena que bote(bailarina) e uns pratos fondos ou cuncas.
O xogo consiste en lanzar a pelota para que dé un bote e caia dentro do prato ou cunca.Podemos poñer varios pratos e darlle unha puntuación.Se conseguimos que a pelota caia no prato máis alonxado,maior puntuación.Aquí tedes un video explicativo do xogo.
Ola de novo, chic@s!! Estas son as propostas motrices para hoxe.Desexo que desfrutedes con elas.
1."Alturas":neste xogo imos precisar coxíns,cubo baixiño(cubeta)posto no chan do revés e corda.
O xogo consiste en que un dos participantes ten que intentar pillar a algún dos outros xogadores, pero ditos xogadores teñen casas onde poden descansar e conseguir que non os pillen.Estas casas deben ter sempre algunha altura e temos que manter nelas algunha postura de equilibrio.Se nos situamos na corda ,colocarémonos na punta dos pés; se subimos a un coxín,estaremos de pé quedos e se nos poñemos enriba do cubo,manterémonos á pata coxa.
Cando non poidamos manter a posición ou nos pillen,cambiamos a persoa que ten que pillar.
A pasalo ben!!
2."Pés quedos" (xogo de pilla e lanzamentos adaptado):para esta actividade imos necesitar unha pelota(pode ser bolas de papel) e unhas tizas ou pinturas para facer un pequeno círculo no chan.Como sempre, adaptarémolo ás nosas circunstancias persoais e o espazo dispoñible. Neste xogo o que comeza pandando colócase no centro dun círculo que debuxamos no chan e os demáis sitúanse dentro do círculo.Despois,este xogador do centro lanza a pelota ó aire e di o nome dun participante do xogo,mentras que o resto escapa o máis lonxe posible.O participante nomeado corre a pillala pelota antes de que bote no chan e cando o consiga,dirá: -"Pés quedos".Nese intre,todos frean e non se poden mover.O que ten a pelota dará 3 pasos ata o xogador que se atope máis cerca e lanzaralle a pelota.Se consigue darlle,o xogador tocado pasará a pandar no medio e se non o logra,volverá a empezar o xogo de novo. Aquí vos deixo un pequeno video explicativo coas instruccións do xogo. A ver quen escapa máis lonxe!!
Ola, nen@s!! Que tal de fin de semana? Espero que o pasárades moi ben con toda a familia.
Imos comezar a semana movéndonos un pouco.
Ánimo!!
1."O aeroporto":precisamos unhas follas de papel para facer avións.
O xogo consiste en lanzar avións de papel e temos que ir a por eles antes de que caian no chan.Hai que pillalos antes de que aterricen.Se non o pillamos a tempo, o avión xa aterrizou e temos que volver andando agachados pola pista de aterraxe ata o punto de saída.
A ver cantos avións atrapamos con velocidade!!
2."O coello saltarín":necesitamos uns trozos de cartón ou folios(para debuxar as cenorias) e un cubo.
Convertirémonos en coelliños que terán que ir apañando todas as cenorias que atopen repartidas polo chan.Cada vez que consigan unha cenoria, deberán levala ata o cubo(cesto) da súa tobeira(refuxio).Sempre nos desprazaremos a saltos como os coellos.
A ver quen consiga máis cenorias no mesmo tempo ou quen tarda menos en apañalas todas.
Que tal estamos,nen@s? Espero que tod@s vos atopedes ben. Hoxe vouvos propoñer unha actividade motriz máis movida e outra un pouquiño máis tranquila.
Espero que vos gusten.
1.Coreografía "Dance Monkey":imos movernos ao ritmo desta canción, seguindo a coreografía do video de xeito coordinado.
A bailar!! A ver como sae!! Ánimo!!
2."Arnold,a formiga" (un conto motor baseado no ioga para nen@s):aquí vos deixo un precioso conto motor no que ides vivir unha fermosa aventura.Lembrádevos de respirar tranquilamente,inspirando polo nariz e expirando pola boca suavemente,cando vos poñades a soñar con Arnold.Fixádevos nas posturas do video ,para reproducilas co conto.