APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

miércoles, 13 de mayo de 2020

Bulebule 30

Ola,chic@s!!Espero que sigades ben!!
Hoxe vouvos propoñer un xoguiño de velocidade de reacción e outro de habilidades,equilibrio e coordinación.


1."Conxelados": imos movernos pola casa ao ritmo dunha canción que nos guste moito e cando nos digan "conxelados",quedamos parados no sitio, ,mantendo a posición que queiramos durante 5 segundos. Logo, continuamos bailando a canción ata que nos digan outra vez a palabra "conxelados" e teñamos que quedar quietiños.Así, ata o final da canción.
A ver quen mantén mellor a posición conxelado ("sen moverse"), cando nos toque!!

Blink Activity | BlinkLearningNotas musicales coloridas | Vector Premium



2."Pasar o río": precisamos 2 coxíns ou folla de xornal e limitar o espazo do río   cunha cinta ou marca no chan.
Neste xogo imos cruzar "o río"  trazado na nosa casa, pero para atravesalo só dispoñemos de dúas "pedras"(coxíns), que temos que ir movendo de unha en unha para poder avanzar e chegar ata a outra beira do río no menor tempo posible.Primeiro, colocamos unha pedra(coxín ou folla de xornal)no chan, subimos enriba e, despois, poñemos diante a seguinte "pedra" no río   para  situarnos de pé sobre ela.Para seguir,pillamos a que quedou detrás e pasámola para diante e ,deste xeito, avanzamos paso a paso.
A ver quen o atravesa máis rápido!!


TIC TAC TOE 3 EN RAYA


Desfrutade!!



martes, 12 de mayo de 2020

Bulebule 29

Benvid@s de novo!! Aquí vos deixo a proposta de hoxe, na que imos desenvolver todas as nosas habilidades e destrezas básicas cun interesante circuito deportivo adicado a 5 deportes olímpicos (atletismo, tenis, golf, baloncesto e fútbol).
Aló imos!!

1."Deportes na nosa casa"(circuito psicomotriz): neste video veñen unha serie de xogos motrices e actividades deportivas que podemos adaptar e facer na nosa casa sen dificultade.
A ver como saen!!


A moverse !!


lunes, 11 de mayo de 2020

Bulebule 28

Ola, nen@s!! Que tal vamos? Espero que cada vez mellor !! Aínda que temos que lembrar non baixar a garda e seguir: coidándonos, cumprindo as normas de seguridade,facendo unha alimentación saudable e variada e movendo o noso corpiño.
A ver que tal saen os xogos motrices que vos propoño hoxe:

1"O globo movedizo":precisamos uns globos, unha cinta ou cordel para atalos e unha gorra.
O xogo consiste en atar ,primeiro, un globo á nosa gorra e intentar darlle toques coas mans e logo,cos xeonllos.
Despois , aumentaremos a dificultade atando dous globos á mesma distancia  e repetir os toques.
Ao final, atamos un globo a máis distancia que o outro para golpear un coa man e outro co pé. Neste video vedes claramente como se xoga.
Desfrutade!! A ver cantos toques somos capaces de darlle!!



2."Ruleta de animais": só necesitamos unhas tarxetas con debuxos dos animais que máis nos gusten(teñen que desprazarse de formas diferentes) e unha botella para facer de agulla da ruleta.
Colocamos as tarxetas en círculo e xiramos a botella.Cando pare, sinalará un animal.Miraremos quen foi o afortunado que saiu e teremos que imitar os seus movementos durante 2 voltas.Logo, xiraremos de novo a botella e a ver onde se para.Aquí tedes unha sinxela explicación do xogo.



A moverse,chic@s!!










viernes, 8 de mayo de 2020

Bulebule 27

Benvid@s, rapaces!! Vouvos facer unha proposta divertida con dúas actividades interesantes. Na primeira imos convertir o sofá da nosa casa nun táboa de surf e na segunda aprenderemos unha técnica de relaxación e respiración  baseada no mindfulness( que consiste en centrar a nosa atención nun pensamento ou obxecto para percibir o noso corpo,relaxarnos,concentrarse e meditar).

A ver como nos saen!! Ánimo!!

1."O sofá flotante": o sofá convértese en táboa de surf sobre a auga do mar. Para empezar ,desprazarémonos andando pola casa como se paseásemos polas rúas do pobo ata chegar á praia(salón da casa).Ao chegar a área, botámonos a correr (polo salón da casa) pisando a area e tamén, podemos xirar nela(como unha croqueta no chan).Tede coidado!!A area  pode estar quente e quizáis hai que camiñar de puntillas un tramo. Despois de 3 voltas polo salón, metémonos na auga e tocamos ,primeiro, coas mans e logo, cos pés a nosa táboa de surf(sofá).Intentamos subir nela cun pé no chan e outro na táboa(sofá) e desprazámonos cara diante nesa posición , porque a táboa non está queda  na auga.
Por fin, damos un salto e conseguimos sentarnos sobre a táboa(sofá).Poñémonos a catro patas sobre a táboa e camiñamos, intentando manter o equilibrio para non caer ao mar, porque a táboa segue movéndose coas ondas.Como as ondas veñen con forza, non nos deixan avanzar cara diante.Entón, colocámonos atravesados sobre a táboa e facemos os movementos con brazos e pernas de nadar, para ver se podemos achegarnos lateralmente ata outras táboas duns compañeir@s.
Buff!! Como cansa isto de nadar!! Ímonos deitar na táboa boca arriba e soltamos un pouco os músculos das pernas facendo o xesto de pedalear.A continuación, intentaremos poñernos de pé e manter o equilibrio sobre a táboa e procuramos tocar coa punta dos dedos a táboa ,inclinándonos cara diante. Menudo equilibrio!! Fenomenal!!
De súpeto, unha onda fainos perder o equilibrio e dun salto caemos ao mar(chan ou alfombra).Como xa estamos un pouco cansos, poñémonos a nadar(corremos movendo os brazos como se estivésemos nadando) ata chegar á praia(3 voltas correndo polo mar do salón) e cando cheguemos, tumbámonos na area e descansamos, tomando un pouco o sol.
Bo esforzo, chic@s!!

Tabla de surf sobre agua limpia | Foto Gratis


2."Xogo das esponxas"(Mindfulness):
neste xogo imos aprender a tomar conciencia do noso corpo ,mellorar a atención, relaxarnos e controlar un pouco mellor a nosa respiración.Seguide con atención o video e repetide os movementos e accións que nos indican.Xa veredes como vos gusta!!










Gozade!! Coidarse!!


jueves, 7 de mayo de 2020

Bulebule 26


Bo día,querid@s nen@s!! A proposta de hoxe vai completar a que vos fixen onte,xa que no circuito había varios xogos que se podían repartir en dúas sesións.
Entón, faremos uns xoguiños de psicomotricidade fina,desenvolvendo a técnica da pinza e a coordinación óculo-manual.
Ánimo!! A divertirse!!

1."Xogos de psicomotricidade fina na casa": escollede 2 ou 3 xogos que máis vos gusten dos que se amosan no video.  Se non temos algún tipo de  material,adaptámonos ao que teñamos na casa(exemplos: empregar palliñas no sitio de limpapipas ou en vez de boliñas de poliestireno, usamos garavanzos).No video explícase moi ben cada xogo.
A ver como vos saen!!


Coidádevos moito!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

Bulebule 25

Ola, de novo a tod@s!! Hoxe vouvos propoñer un circuito psicomotriz baseado no equilibrio, que, como sempre, debemos adaptar: ás nosas posibilidades ,ao espazo e aos recursos da nosa casa.Podedes repartir os xogos que aparecen en dous días.
 Seguro que o ides pasar ben!! Imos aló!!

1. Circuito psicomotriz de equilibrio:  neste circuito precisamos rolos de papel hixiénico, mandarinas ou laranxas pequenas, pinzas da roupa ,unha culler e cinta adhesiva ou tiza para marcar unha liña no chan.

O quecemento que aparece no video ímolo sustituir por uns desprazamentos pola casa cambiando de ritmo(lento e rápido) e tamén eliminaremos o reto final que nos plantexan no video,xa que non se axusta ás nosas características e podemos levar un croque.
Mirade o video con atención e seguide as instrucións que aparecen.Escollede os xogos que máis vos gusten para empezar e ,se queredes, podedes repartir as actividades en dous días,porque temos varias para elixir.Non vos esquezades de que podedes adaptalo sempre con variantes, priorizando a seguridade.
A disfrutar do equilibrio!!


Disfrutade e coidádevos!!


martes, 5 de mayo de 2020

Bulbule 24

Benvid@s de novo!!Hoxe propoñemos dous xogos motrices moi divertidos e fáciles para facer na casa.
Ánimo!!

1."A limpar a casa": usaremos só boliñas de papel e unha cinta adhesiva ou tiza para marcar o espazo de xogo.
Neste xogo temos que dividir o espazo en dúas partes iguais e intentar lanzar boliñas de papel ao campo contrario(limpar a nosa casa) e intentar que o outr@ participante non nos deixe boliñas no noso campo, para iso debemos apañalas rápido e devolverllas.
Unidad didáctica Juegos Alternativos


2."Roda,roda": precisamos algo que poida rodar(laranxa, limón,...) ,uns vasos de plástico, cinta adhesiva e unha mesa.
É un xogo de lanzamento con puntería.Lanzaremos con puntería o que teñamos para rodar, coa finalidade de conseguir que caia dentro dun vaso que estará pegado á beira da mesa.Nesta imaxe podedes observar como se xoga.
A ver esa coordinación e puntería!!

Tiempo de juego para niños durante las vacaciones escolares Ideas de bricolaje de madera Tiempo de juego para niños durante … Juegos Para Fiestas Infantiles, Actividades Infantiles, Manualidades Infantiles, Manualidades Para Niños, Juegos Divertidos, Juegos Y Juguetes, Juegos Para Niños, Actividades De Aprendizaje Para Niños, Actividades Para Preescolar


A moverse!!  Seguir coidándovos!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...