APRENDER É O MÁIS GRANDE DOS TESOUROS

viernes, 19 de junio de 2020

Bulebule 57

  Bo día aos bulebules!!Querid@s nen@s chegou o día en que rematan as clases  e quero despedirme de vos e das vosas familias felicitándovos polo esforzo e traballo realizado neste complicado curso.
  Espero que no vindeiro curso poidamos vernos no cole e participar tod@s  nas clases de educación física,desfrutando das actividades  e aprendendo xuntos.
   A tod@s os que marchedes para o C.P.I."Cruz do Sar" deséxovos o mellor nesa nova etapa.
   Agora xa toca descansar e pasalo ben no verán, pero non vos esquezades de movervos: xogar, correr,saltar, nadar... e desfrutar do deporte.
  Coidádevos tod@s!! 
 Bo e merecido verán!!  Vémonos á volta!!

   Déixovos como actividade motriz final unha coreografía cos protagonistas da película "Trolls", espero que vos guste.
A moverse!! A ver ese ritmiño e coordinación!!



Un biquiño para tod@s e para as familias.😘  
                  🏃  🏄   🏊   🏀




1 comentario:

  1. Ricardo, levabamos tempo sin pasar polo blog, pero é que poder sair a rua e un luxo que lle tiñamo qs tantas ganas, pero non queriamos perder a oportunidade de despedirnos de ti e darche as grazas polo teu traballo. Aproveitamos moito os teus recursos durante o confinamente, ainda que fora no garaxe. Vemonos a volta. Telmo e familia

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...